17 06 18 Los Puertos de Sejos

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Comunidad Campóo – Cabuérniga (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: A un quilómetro do Puerto de La Palombera en dirección a Saja, preto da Venta de Tajahierro (1.190 m)

ACCESO: Desde a A – 8 en Cabezón de la Sal collemos a CA – 180 ata Cabuérniga e logo a CA – 280 en dirección a Reinosa.

HORARIO:    6/7 horas       DESNIVÉIS: 400 m de subidas / 800 m de baixadas            

DISTANCIA: 22 km  DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 82 – II – IV  

COTA MÍNIMA: Pozo del Amo (560 m) COTA MÁXIMA: Llano Castrillo (1.585 m)

SINOPSE: Os chamados Puertos de Sejos son un conxunto de grandes praderías na vertente norte da serra de El Cordel. A vexetación predominante son as praderías e o mato alpino, situado a uns 1.900 m de altitude, en Cantabria.

            A palabra Sejos procede do latín saxus (pena). O lugar úsase como pasteiro estacional no verán desde o século IX. No seu conxunto ocupa unhas 1.300 hectáreas, nunha zona con moita abundancia de precipitacións e con temperaturas que oscilan entre os 0º C no inverno e os 14º C no verán. Neste lugar nacen os ríos Diablo e Bijoz, que na súa confluencia forman o Saja. A zona destaca pola súa diversidade animal e polos lugares megalíticos. Preto do Collado de Sejos atópase un dos menhires datado do ano 1.500 antes de Cristo. Na zona tamén existen campos de bloques rochosos no lugar coñecido como Cantos de la Borrica.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza collendo unha pista, logo de pasar a Venta de de Tajahierro á mas dereita. Comezamos cunha lixeira subida facendo logo unha longa travesía sen desniveis importantes. Pola dereita podemos ver a mancha forestal de Saja con o barranco do Inferno é pola nosa esquerda temos o cristeirío da Sierra del Cordel, destacando a Peña Iján (2.084 m) e o Pico Cordel (2.040 m) con os seus circos glaciares aos seus pés.

            Cruzamos o río do Canal del Infierno para comezar a subida ao punto máis alto deste percorrido, situado no outeiro Llano Castillo (1.585 m). Pasamos xunto á Caseta del Campanario (1.564 m) e pola zona de El Abedular para baixar para cruzar o regato de El Diablo que tributa ao Saja.

            Seguimos en dirección noroeste para deixar a pista e campo a través subir ao outeiro onde se asenta o Hitón ou Piedra Jincá (1.460 m) nome que ven dun menhir do Neolítico que debería formar parte dun túmulo.

            Baixamos un tramo cara ao leste e logo en dirección nordeste seguindo sempre a dirección do río Saja. Temos que atopar un carreiro entre escobas con o río á dereita ata Sel del Albidul, onde o carreiro pasa a ser unha pista que cruza o regato de El Diablo internándose no faial de Saja cuberto de bidueiros na parte superior. O camiño pasa agora pola Canal de Cureñas. Pouco tempo despois de internarnos no faial podemos ver, á esquerda, unha formación de conglomerado de rocha na vertente este do Cueto de la Concilla coñecida como Los Molinucos del Diablo (1.122 m). O camiño baixa facendo varias revoltas por un dos faiales máis representativos da Cordilleira Cantábrica, é logo duns minutos chegamos a poza natural de Tramburríos (750 m). Neste punto nace o río Saja ao unirse o rego do Diablo con o Bijoz.

            Ignoramos unha ponte á esquerda sobre o regato do Diablo e axiña cruzamos outra ponte sobre o regato Bijoz. O camiño deixa máis tarde, á esquerda, un miradoiro natural  sobre o Pozo del Amo saíndo a estrada no lugar de Jayá Cruzá.