17 06 17 Braña de Los Tejos

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Cillorigo de Liébana e Peñarrubia (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Igrexa de Santa María de Lebeña (220 m)

ACCESO: Desde a estrada N – 621 que comunica Unquera con Potes.

HORARIO: 6/7 horas       DESNIVEL: 1.200 m          DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

MAPA: I.G.N. – 56 – IV   

COTA MÍNIMA: Igrexa de Santa María de Lebeña (220 m)

COTA MÁXIMA: Braña de los Tejos (1.400 m)

DESCRICIÓN DA RUTA: Partindo da igrexa atravesamos Lebeña para chegar a unha desviación onde collemos o camiño da dereita. Neste punto comeza unha lixeira ascensión deixando á man esquerda a traída de augas, pasando preto dun aciñeiral que deixamos tamén á man esquerda. A pista de pedras de laxe soltas dificulta un pouco o camiñar. Seguimos pola pista ata que chegamos a un cruce no que non hai ningunha marca, seguindo pola esquerda onde empezamos a comprobar que comeza unha costa considerable. Chegamos a outro desvío que ten marcas de pequeno recorrido e aquí comeza a suavizar a pendente tendo fermosas vistas do lugar de Lebeña.

            Segue a subida e a vexetación comeza a cambiar pasando de aciñeiras e carballos a caxigos e algunhas faias. Chegamos a outro cruce de camiños que van ao mesmo punto por sitios diferentes, nosoutros collemos o que vai polos invernais de Lebeña onde aproveitamos para ver a típica construción das cabanas.

            Pasamos os invernais por carreiro pouco marcado e atravesamos unha porta metálica continuando polo carreiro, subindo ata que chegamos a un cruce no que temos unha sinal que indica á Braña de los Tejos.

            Pola esquerda vai o camiño a Cicera seguino a ruta de Stº Toribio de Liébana en sentido inverso. Nós seguimos de fronte, continuando pola pista ata que avistemos un paso entre montañas, onde se atopa un gran faial por onde temos que pasar. Antes de chegar a este punto temos que subir por unha pista con bastante pendente que vai facendo varios zigzags .

            Ao remate desta dura subida collemos un carreiro que xira á man esquerda e que nos dirixe a un paso onde desaparece o camiño tendo que subir por un sendeiro cheo de grandes pedras que dificultan a ascensión.

            Neste lugar comezamos a internarnos nun fermoso bosque de faias, primeiro sitio de sombra desde a saída. Atravesado o bosque chegamos a unha zona máis aberta onde temos dúas posibilidades de seguir. Imos de fronte deixando unha rocha á nosa dereita ata que enlazamos con unha pista que ven desde San Pedro pola que seguimos cara á esquerda para así chegar ao Collado de Pasaneu (1.344 m), xusto no límite dos dous concellos.

            Pasamos por riba dunha gran poza xirando á esquerda para coller o carreiro que nos levará á Braña de Los Tejos. Cando parece que chegamos ao destino, aparece unha forte pendente de terra solta que dificulta a subida pero ao remate desta xa podemos ver a cerca de madeira onde se sitúan os teixos.

            Desde este lugar as vistas son sinxelamente impresionante cara aos catro puntos cardinais.

            Logo dun merecido descanso retomamos o  camiño en dirección noroeste, paralelos a serra de Las Cuerres pasando xunto ao Collado Pandocento (1.067 m) e máis abaixo o Collado Arcedón (971m). Desde este lugar baixamos en busca da pista que atravesa un bosque xunto aos invernais de Juntalón.

             A pista chega xunto ao rego de as Cordancas e paralelo a este entramos en Cicera