17 06 04 Peña Corada

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

  

SITUACIÓN: Cistierna (León)

PUNTO DE PARTIDA: Fuentes de Peña Corada (1.150 m)

ACCESO: Desde a N – 621, ao norte de Cistierna, coller no cruce a Fuentes de Peña Corada, situada a 2,5 km do cruce.

HORARIO: 5 horas             DESNIVEL: 800 m         DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Circular   MAPA: I.G.N. – 105 – III – 131 – I

COTA MÍNIMA: Rego Fuentes (1.080 m)      COTA MÁXIMA: Peña Corada (1.831 m)

SINOPSE: Peña Corada constitúe unha atalaia inmellorable para contemplar a Cordilleira Cantábrica e a inmensidade da meseta castelán. Foi desde esta montaña, aló por 1.845 cando o enxeñeiro madrileño Casiano de Prado contemplou por primeira vez os Picos de Europa.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Xusto ao lado da parada de bus sae unha pista de formigón que baixa para cruzar o regato Fuentes (1.080 m), para logo ir gañando altura mentres se rodea un pequeno outeiro. Atravesamos un bosque de carballos, típico das ladeiras soleadas do sur da cordilleira, contrastando con o extenso faial que existen nas sombrías ladeiras do norte, como poderemos ver en varias ocasións durante a ruta.

            Nun amplo outeiro (1.156 m) onde hai unha cadra de gando, chegamos a un cruce con outra pista que seguimos pola esquerda uns minutos para comezar a subida por un amplo val que nos deposita na crista occidental de Peña Corada. Cando chegamos arriba podemos ver un anticipo do que nos agarda no cume principal.

            Podemos gozar das vistas mirando as nosas costas os Picos de Europa, xa que vencemos a subida máis dura da xornada. Seguimos o cimbro cara ao leste nun entretido camiñar, cruzando diferentes outeiros que nos amosan fermosas vistas cara ao norte chegando, desta maneira, ao cume de Peña Corada (1.831 m).

            Desde este cume podemos ver a serra do Teleno, os Montes de León, o Macizo de Ubiña, Espigüete e Curavacas e, como non, os Picos de Europa.

            Logo da correspondente parada, baixamos cara ao norte por forte pendente no seu comezo, chegando en seguida a o amplo outeiro de La Bodeguina (1.460 m) para seguir ata outro outeiro moito máis pequeno que nos permite cruzar unha crista rochosa comodamente e acceder directamente a El Campurrial (1.378 m) onde cruzamos de novo a pista que vimos ao comezo case da andaina.

            Seguimos cara ao noroeste polo carreiro máis alto feito polo gando e sempre por riba dun antigo bosque. Así cruzamos ata o alto dun val bastante pechado, baixamos ata el para encamiñarnos, ao fondo do primeiro dunha serie de prados, a unha boa fonte con bebedeiro.

            Desde o extremo occidental do último dos prados podemos adiviñar un estreito camiño que se mete entre a vexetación, pero polo que podemos ver e o camiño que comunica Fuentes de Peña Corada con La Mata de Monteagudo. O camiño, cada vez máis evidente, lévanos sen perda ao lugar do comezo desta camiñada.