17 04 14 Valle de Las Tejedas - Las Puentes de Malpaso

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Santa Colomba de Somoza, Molinaseca e Ponferrada (Léon)

PUNTO DE PARTIDA: Manjarín (1.446 m)

ACCESO: Desde Ponferrada pola estrada LE – 142 que vai a Astorga.

HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL:  305 m de subidas / 1.166 de baixadas  

DISTANCIA: 19 km  DIFICULTADE: Media       TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 159 – III – 192 – I

COTA MÍNIMA: Molinaseca (580 m)      COTA MÁXIMA: Manjarín (1.446 m)

SINOPSE: No val norte entre Manjarín e Riego de Ambrós existe unha das maiores masas arboradas de bosque autóctono de todo o Bierzo onde na cabeceira do val, nas Tejedas, gozaremos dun pequeno paraíso vexetal. Mais tarde, o antigo Camiño Francés desde Riego de Ambrós a Molinaseca ia a través dun desfiladeiro de cuarcita tendo que atravesar o río Meruelo polo que se chaman as pontes de Malpaso.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da aldea de Manjarín (1.446 m) cara ao norte por un sendeiro de gando moi trillado pasando xunto a unha casa prefabricada. Baixamos por pista facendo unha curva á dereita ampla e logo outra á esquerda moito máis pechada, cruzando un pequeno regato que nos ven pola dereita. A baixada e pronunciada neste tramo onde nos acompañan altos carballos e algún acivro. Imos xunto a un novo regato que cruzamos por una pasarela precaria na que temos que por atención para non esvarar. Ao outro lado temos un muíño e máis adiante a confluencia dos regatos que forman o río de Las Tejedas que temos que cruzar dun bo salto si trae moita auga.

            Estamos na parte máis vistosa do val e o sendeiro estréitase facendo máis incómoda a marcha. Entramos en Las Tejedas (1,060 m), onde algunhas vivendas estás sendo restauradas. Proseguimos a marcha saíndo deste lugar tan salvaxe atopando outro muíño, camiñamos moi pegados ao río tendo unha pena de cuarcita ao outro lado do río xunto con unha enorme carballeira. Non é fácil atopar o muíño de La Llera e tampouco o de Senén, que quedan á nosa esquerda, dado o tupido do bosque. Camiñamos cara ao oeste, sempre seguindo a canle do río, para chegar a outro muíño (920 m) que é o único da ruta que podemos acceder. Agora pegados a as rochas imos entre rebolos que se mesturan con aciñeiras tendo unha subida de cen metros de desnivel para chegar a estrada por unha pista paralela á mesma onde hai un depósito de auga (980 m).

            Cruzamos a estrada para seguir por unha pista paralela ata Riego de Ambrós (940 m), lugar que cruzamos ata o medio do pobo onde xiramos á esquerda para coller un camiño que baixa para entroncar cunha pista onde collemos á esquerda (880 m) para abandonalo cen metros despois collendo á dereita. Pasamos por unha suave bagoada onde no outro lado temos un enorme castiñeiro, xiramos á dereita onde seguidamente temos unha fila de freixos, na zona chan de Prados Nuevos.

            O camiño fai un zigzag antes de chegar a La Puente Grande (660 m) sobre o río Meruelo. Percorremos medio quilómetro e atopamos con La Puente Pequeña (670 m), esta sobre o río Pequeno, chegando polo único lugar posible, pegados a parede por un camiño labrado na rocha.

            Deixamos as pontes de Malpaso e o camiño xira cara ao norte levando o río á nosa dereita onde fai diferentes pozas e fervenzas. Pasamos un tramo de paredes verticais tendo que cruzar un rego por unha ponte metálica, saíndo deste barranco atopamos castiñeiros vellos e retorcidos para máis tarde ir aparecendo árbores de ribeira pola nosa dereita. O camiño, estreito, remata nunha rampla de formigón e pola rúa de El Soto chegamos a Molinaseca