12 04 07 Alluitz - Amboto
VER PUNTO DE SAÍDA | VER TRAZADO DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS |
SITUACIÓN: Euskal Herria (Duranguesado) Parque Natural de Urkiola
PUNTO DE PARTIDA: Atxarte (300 m)
ACCESO: Na estrada BI – 623 que vai de Durango a Otxandio, uns dous quilómetros antes do porto de Urkiola en dirección a Otxandio.
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 1.300 m DISTANCIA:
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía MAPA: I.G.N. – 87 – II
SINOPSE: O Parque Natural de Urkiola foi declarado como tal o 29 de decembro de 1989 coa finalidade de asegurar a súa protección e conservación dos recursos naturais mantendo e potenciando ao mesmo tempo as explotacións tradicionais destas montañas.
O Parque está constituído pola serra de Aramontz, os Montes del Duranguesado e a serra de Arangio. A paisaxe de Urkiola posúe un alto grao de humanización debido ao uso e ocupación do territorio dende tempos inmemoriais.
DESCRICIÓN DA RUTA: Xunto ao aparcadoiro collemos un sendeiro que nos achega a un faial, seguindo de fronte, non facendo caso dun pequeno sendeiro que sale á esquerda, que é o que sobe ao primeiro esporón.
Seguimos adiante ata adentrarnos nun pequeno piñeiral, onde atopamos uns arames que temos que cruzar e moi axiña veremos o Aitzxiki (790 m), arriba á esquerda, separado do Alluitz por un cimbro que, será a seguinte dirección a seguir collendo un sendeiro difuso que sobe á esquerda entre silvas. Ao comezo por sendeiro de pedras e logo por terreo herboso ata chegar ao cimbro de Artola (634 m).
Xunto ao letreiro indicativo de Alluitz, xiramos á dereita para pasarmos a vertente nordeste desta mole e subir en zigzag pola pendente aba de herba e rochedo .
Despois de hora e media chegamos ao cume do Alluitz (1.040 m), dende o cal vemos todo o cristeirío que nos queda ademais de fermosas vistas do Gorbeia, Urkiola, Oiz e todo o Duranguesado. Logo dun pequeno descanso, comezamos a baixar cara a crista, onde xa é visible o famoso Paso del Diablo, mentres nos achegamos, vemos que o paso non é tan difícil como pensábamos.
Aínda que ten unha boa caída vertical pola cara Sur, pasmos sen dificultade, quen queira pode evitar este paso baixando un pouco e bordeando. Tras superar o Paso del Diablo, chegamos a unha pequena ladeira herbosa, onde nos espera unha cativa trepada por un sendeiro que non está moi claro, pero de seguida chegamos á aresta.
A partir de aquí, non temos ningunha complicación e seguimos ata chegar a Santa Bárbara, solo teremos que baixar nalgúns puntos e buscar o camiño máis cómodo gozando desta aérea travesía.
Pasamos xunto a punta de Larrano(957 m) chegando a ermida de Santa Bárbara despois de hora e media de cristeirío. Este é o primeiro punto onde se pode deixar o percorrido, baixando cara á dereita ao val de Mendiola. Como a nosa intención non é esa, seguimos adiante en dirección ao Anboto, tendo que subir por un descampado volvendo a atopar outro faial, que atravesamos, saíndo cara á dereita para enfrontarnos ao segundo tramo de cristeirío. Seguímolo sen ningunha complicación ata chegar ao cume de Elgoin (1.158 m).
Diante temos o Anboto, vendo o derradeiro tramo que nos queda por recorrer para chegar ao cume. Despois de máis de catro horas de andaina, acadamos o cume do Anboto
Facemos unha parada e baixamos polo camiño normal que vai ao cimbro de Asuntze (876 m) e a fonte Pol Pol e dende esta seguimos ao porto de Urkiola onde hai un centro de interpretación do Parque.
Texto orixinal de: Zorion Alberdi e Roberto Unanue
Tradución: Xoán Monasterio