16 03 26 Rota da levada (Loriga - Cabeça - Loriga)

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Loriga - Seia (Portugal) 

PUNTO DE PARTIDA: Loriga (750 m)

ACCESO: Desde Covilhâ pola estrada N – 339 que cruza a Serra da Estrela ata enlazar coa N – 231(44 km aproximadamente)

HORARIO: 6/7 horas          DESNIVEL ACUMULADO: 800 m         

DISTANCIA: 15 km   DIFICULTADE: Media     TIPO DE RUTA: Circular 

MAPA: Mapa do Parque Nacional da Serra da Estrela (Adventure Maps)

COTA MÍNIMA: Cabeça (515 m)           

COTA MÁXIMA: Á saída de Loriga, logo de pasar o cemiterio (805 m)

SINOPSE: Este percorrido amósanos as magníficas paisaxes que circundan a pintoresca aldea de Cabeça cuberta de xisto e a vila de Loriga tendo como camiño principal a levada máis longa do concello de Seia.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Loriga en dirección á capela de Nossa Señora da Guia, para un pouco despois xunto ao cemiterio coller á esquerda por un camiño de terra. O camiño vai en dirección noroeste ata o lugar de Malho Pâo, lugar onde xira bruscamente en dirección suroeste.

            Con suave desnivel en baixada atravesamos o Cerro dos Mourinhos e varios regatos para chegar as primeiras casas pola rúa do Bairro dos Emigrantes. Camiñamos agora pola estrada da entrada a Cabeça pasando xunto á capela de Nossa Sehora de Nazaré e unha fonte. Pola estrada podemos chegar á igrexa de Cabeça e logo volver sobre os nosos pasos desviándonos por un camiño que pasa por debaixo do cemiterio de Cabeça.

            Seguimos o sendeiro da levada entre campos agrícolas e repoboacións de piñeiros, palleiras cubertas de xisto e vellos muíños tendo sempre como compaña o son da auga.

            Camiñando en dirección a Loriga atopamos o Poço da Broca do Serapitel onde temos un desvío que nos leva a fermosa fervenza de auga cristalina. De volta ao camiño principal seguimos para cruzar o río pola ponte do Serapitel e xa, na outra marxe do río, vamos ao encontro das augas do Loriga, lugar onde a Ribeira da Nave e a de Sâo Bento se unen para formar a ribeira do Loriga.

            Desde aquí podemos ver as terrazas do terreo feita polo home para conseguir terras laborables en semellantes pendentes.

            Camiñamos por Loriga ata o punto de inicio deste fermoso percorrido.