16 12 17 Río Eo - Pena de Millares (Ribeira de Piquín) Lugo

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Ribeira de Piquín (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de Chao de Pousadoiro (185 m)

ACCESO: Desde a estrada N – 640, na Praza Maior de Meira, coller a LU – 571. O Chao de Pousadoiro dista uns 13 km de Meira.

HORARIO: 4/5 horas        DESNIVEL: 460 m        DISTANCIA: 15 km

DIFICULTADE: Baixa                    TIPO DE RUTA: Circular             

MAPAS: I.G.N. – 48 – IV – 49 – II  

COTA MÍNIMA: Chao de Pousadoiro (185 m)

COTA MÁXIMA: Pena de Millares (640 m)

 

SINOPSE: Esta rota transcorre integramente polo concello de Ribeira de Piquín, integrado na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada comeza na área recreativa do Chao de Pousadoiro. Cruzamos a ponte sobre o río Eo e na marxe dereita temos os muíños da Aceña de Barcia, logo seguimos pola marxe do río entre prados regadíos e as praderías do Carrizal de Barcia.

            O camiño lévanos ata a ponte de San Xorxe onde temos a opción, desviándonos uns metros, de visitar a igrexa románica do mesmo  nome construída no século XVIII na cal destacan os seus arcos románicos así como altar neoclásico.

            Logo desta visita, un pouco máis abaixo, comezamos a escoitar o murmurio da auga sobrante da presa. Ao pé podemos observar os restos, en ruínas, da Aceña de Campos e tamén os restos da ponte. Axiña chegamos á área recreativa de A Retorta, a partir deste lugar comeza a subida. 

            Seguimos a camiñada ata a estrada onde, no Rego de Mestre temos a Aceña do Fidalgo, seguimos cara a Mestre ata desviarnos polo Camiño das Gardiñeiras que vai polo medio de prados e bosque de frondosas. Pasamos xunto a unha fonte e de fronte a Pena de Millares.   

            Seguimos o camiño ata a confluencia do Rego das Gardiñeiras con o Rego da Súa Pena, entrando no monte de Acebedo e Mestre onde comeza unha subida en zigzag por unha zona de repoboación de piñeiros na parte alta e frondosas nas bagoadas. Temos un pedregal, debaixo do cal podemos oír o son da auga, sempre dando vista, pola nosa dereita á Pena de Millares.

            Chegamos ao miradoiro desde o que podemos ver unha gran parte do val do Eo así como a Serra de Pena Armada por un lado e a Serra de Meira polo outro.

            Agora toca baixar cara á aldea de Sadrarín que conserva moitos hórreos e a súa capela de San Xoán Degolado. Entre monte de eucaliptos, piñeiros e bosques de frondosas imos baixando ata chegar á estrada e o sendeiro que nos levará ao punto de inicio.