16 09 18 Costa de Llanes (Llanes) Asturias

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

Pendueles – Llanes 

 

SITUACIÓN: Llanes (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Pendueles (30 m)

ACCESO: Entrando no lugar de Pendueles desde a N – 634 atopamos coa igrexa de San Acisclo, que posúe unha fermosa portada gótica, e que nos serve de referencia para comezar, 100 metros máis aló, este traxecto costeiro que enlaza con o que ben de Bustio o sendeiro AS – GR 19.

HORARIO: 4/5 horas        

DESNIVEL:              DISTANCIA: 14,5 km

DIFICULTADE: Baixa        TIPO DE RUTA: Travesía

MAPAS: I.G.N. – 32 – I – III – IV  

COTA MÍNIMA:        COTA MÁXIMA:

SINOPSE: La Senda Costera de Asturias pretende recorrer todo o litoral da rexión por camiños e pistas habilitadas para poder ser utilizadas por camiñantes e ciclistas. Este percorrido vai desde a costa oriental, Bustio, ata o occidente, A Veiga.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: O camiño deixa atrás Pendueles continuando entre prados ata chegar preto da praia de Vidiago, zona de árbores que conta cunha área de descanso á cal se accede por unha pasarela sobre a Riega Novales.

            A coñecida como “rasa asturiana” é un terreo fácil, sen apenas desniveis, dando vistas a fermosos cantís, pouco despois de abandonar a zona de praia. De seguido, o sendeiro serpexa polo interior, achegándose ao lugar de Vidiago pero sen chegar a entrar, sendo o cemiterio deste lugar o último contacto con esta aldea.

            Un quilómetro máis adiante atopamos con os bufóns, surtidores de auga mariña que sae a presión a través dos buratos da rocha calía. Son os bufóns de Arenillas.

            Antes de chegar a seguinte poboación, o sendeiro atravesa o río Purón, a 350 metros da súa desembocadura, pola zona coñecida como Los Puentucos ou El Viveru. Dous quilómetros máis adiante entramos no lugar de Andrín polo barrio de Cabragío, sendo a construción popular, a torre medieval e a praia os puntos máis interesantes deste fermoso lugar.

            O trazo entre Andrín e Llanes segue bordeando a serra litoral de La Cuesta, en cuxa parte superior abícase un campo de golf e o miradoiro de La Boriza, ao que se pode chegar desde a seguinte área recreativa que atopemos. Este miradoiro da vistas as famosas praias de Ballota e Andrín, así como a gran parte da rasa costeira na que se atopa a vila de Llanes.

            Cara ao sur podemos ver a Sierra del Cuera, que acada os 1.315 m no pico Turbina, muralla natural que separa a costa dos Picos de Europa.

            Desde esta área temos a alternativa de acceder a Llanes pola estrada LLN – 2, que pasa pola aldea de Cue. A senda, non obstante, continua pola ladeira da rasa ata pasar xunto á capela de El Cristo, para entrar logo en Llanes por La Portilla. Desde aquí alcanzamos a estrada LLN – 2,que nos leva a praia de Toró.

            Comezamos a senda chamada de Toró que segue ata a praia de Puertu Chicu para enlazar con o Paseo de San Antón, bordeando o porto pesqueiro. Se seguimos cara a praia de El Sablón, chegamos ao Paseo de San Pedro, de herba natural, que bordeando os cantís permite gozar dunha magnífica panorámica da vila, a costa de Llanes e a Sierra del Cuera cara ao sur. Neste lugar comeza o seguinte tramo de senda que vai ata Celorio.

 

LLANES - CELORIO / 5 km

 

            Si queremos facer este tramo, seguimos en dirección oeste polo paseo ata o remate do mesmo. Alí veremos que a senda perde esa orientación, polo que debemos saír da mesma por un enlace á esquerda, que nos levará pasando polo barrio de Las Malvinas a estrada que une a vila de Llanes con a localidade de Poo.

            Seguimos pola beira rúa que une as dúas localidades para unha vez atravesado o lugar de Poo e chegado á entrada do cámping, seguir o camiño da dereita que nos meterá de cheo na ría de Poo, pola vertente esquerda en dirección ó mar. Zigzagueando pola senda, podemos ver a fermosa praia e desembocadura, así como o peculiares illotes e a illa de La Almenada, zona toda ela de gran valor paisaxístico xunto con a veciña praia de San Martín. Camiñamos pola senda pasando por riba de esta última praia, é moi preto do mar pasamos xunto as ruínas dunha antiga ermida. Desde este lugar e dependendo da marea, podemos contemplar unha ampla praias ou ben unha paraxe de illas.

            Desde aquí o camiño atravesa uns prados que nos achegarán a localidade de Celorio, onde podemos admirar o Monasterio de San Salvador, con torre románica e as fermosas praias de Palombina, Las Cámaras, Borizo e Troenzo