16 07 16 Costa de Xove (Xove) Lugo

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Concello de Xove (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Apeadoiro de FEVE de Lago

ACCESO: No tren de FEVE que sae de Ribadeo as 06:55 h

HORARIO:6 ou 8 h    DESNIVEL: 350 m       DISTANCIA:16 ou 27 km

DIFICULTADE:Baixa ou Media              TIPO DE RUTA:Travesía 

MAPAS:I.G.N. – 2 – IV – 3 – III

COTA MÍNIMA:0 m            COTA MÁXIMA:150 m

 

SINOPSE:A costa de Xove, pouco coñecida, alberga lugares de alto interese xeolóxico, patrimonial, histórico e paisaxístico. Camiñaremos a partir da factoría de Alúmina cara ao Oeste ben ata a praia de Portocelo ou ben ata a de Esteiro, segundo as posibilidades de cada quen.

 

DESCRICIÓN DA RUTA:Saímos do apeadoiro de Lago, cara ao Porto de Morás, onde houbo unha factoría baleeira que comezou a traballar en 1965 e fixo a súa última campaña no 1976. Na factoría entraba rorcual e cachalote, pelábanse, despezábanse e tallábanse, cocendo nas caldeiras as partes máis indicadas para a elaboración do aceite, separando a carne apropiada para á alimentación e deshidratando todo tipo de restos nunha caldeira de alta temperatura para a elaboración de abono (fariña de peixe).Antes de comezar o camiño á beira do mar hai que subir polas moles graníticas cara ao espectacular cabo de Morás.

Deixamos este lugar e imos agora pola senda marcada á beira do mar, costeamos pasando fronte ao illote O Ansarón e saíndo ata Punta Merixe e a Enseada de Sucastro, ata chegar ao fermoso lugar de Portocelo, que dista 5km de Xove.

Rodeamos a praia e o porto de Portocelo para ir pola estrada cara ao norte ata as ruínas da ermida de San Tirso, onde entra un camiño que ao chegar as penas da Cal, sube cara ao monte Castelo ata a estrada que en 800m nos leva ao faro da Punta Roncadoiro. Volvemos do faro ata o camiño que traíamos para seguir por el e atopar os restos de dous muíños costeiros que desaugaban no mar, antes de chegar á praia dos Coídos, despois da praia subimos ao Pico de Coído; con 95 m de altitude, en vertical o mar. Seguimos costeando para atopar o castro costeiro Croa de Antemil, catalogado e datado na idade do ferro, non se poden deixar sen visitar os seus cantís. Seguimos a Punta Fontán coa Estaca de Vares de fronte, e vistas á Ría de Viveiro, e as puntas Fontán, Meitón e Canido, tras esta xa está a praia de Esteiro, onde deixaríamos a costa para vir por Prada e Toimil ata Xove, nun último tramo de 6km