16 05 21 Cordal de La Segá - Valle de Cuna (Mieres) Asturias

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Mieres (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Área recreativa de El Cantu - Cenera (300 m)

ACCESO: Desde a autoestrada A – 66 coller a saída 50 para seguir pola rúa El Encauce ata a estrada local MI – 4 que vai a Vistrimir.

HORARIO: 4/5 horas      DESNIVEL: 500 m           DISTANCIA: 12 km

DIFICULTADE: Media     TIPO DE RUTA:            MAPA: I.G.N. – 53 – III

COTA MÍNIMA: Área recreativa de El Cantu (300 m)

COTA MÁXIMA:Campa del Tíu Vicente (790 m)

SINOPSE: Os cordais de Cuba e Segá, así como a Sierra de Diego e a Sierra de Gallegos confinas o fermoso Valle de Cuna.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na área recreativa de El Cantu (300 m), á entrada de Cenera. Ao chegar ao barrio de El Molín abandonamos a estrada para seguir por un camiño carreteiro á nosa esquerda que, vai gañando altura en dirección a Foz.

            Esta suave subida que non presenta problemas, menos en épocas de choiva onde existe unha grande lameira. Uns metros antes de chegar á casaría de Foz (500 m) a ruta xira á dereita, esta vez, salvando un bo desnivel en dirección a Pandillu.

            O amplo camiño, agora en chan,  métese nunha zona de carballos volvendo a subir pola Carba de Foz dende a que temos unha extensa panorámica. Máis adiante, nun claro do bosque, aparecen as cadras de Pandillu (600 m) onde existe unha fonte chamada Argaxu, situada á esquerda do camiño.

            O sendeiro prosegue en sentido occidental por riba dos prados de La Mortera de Vistrimir ata chegar a un cerrado que temos que salvar para acadar un cruceiro de camiños (755 m) na divisoria entre Mieres e Lena. Neste lugar, collemos en dirección norte seguindo a pista que ven do Alto de la Segá en dirección ao Cordal de Cuba. Temos a ruta correcta ben sinalizada, e por ela seguimos cara ao Collau Pandu (706 m). Camiñamos por esta pista dende a cal temos vistas sobre os vales que cerran estas montañas. Deixamos á nosa esquerda unha pista que baixa a aldea de La Cuba seguindo de fronte o cordal.

            Así chegamos á Campa del Tíu Vicente (790 m) onde colleremos á dereita e, uns metros máis adiante volvemos a xirar á dereita para coller a pista que baixa a Villar de Gallegos. Neste curto treito temos dúas fontes antes de chegar a dito lugar. Villar de Gallegos (480 m)  está situado nun outeiro comunicado co Cenera por unha estrada asfaltada que seguimos ata o punto de inicio na área recreativa de El Cantu.

 

Cumes do Cordal de La Segá ata o Picu Llosoriu

 

Pasado uns metros o Collau Pandu (706 m) deixamos o camiño principal para seguir de fronte pola liña de cumes. O primeiro que temos que pasar é o pico Cuitu (858 m) para baixar de novo ao camiño principal a altura da Campa del Tíu Vicente (790 m). Aquí de novo abandonamos o camiño principal, que vira á dereita, para seguir de fronte, de novo pola liña de cumes, para pasar polo pico Carba (871 m) baixando de novo á pista principal. Camiñamos por ela deixando dous ramais á esquerda e logo de pasar o segundo, abandonamos a pista e seguimos de fronte pola liña divisoria. Temos á vista o Llosorio (1.000 m) que subimos sen ningunha dificultade.

A baixada facémola en dirección ao leste pasando xunto á capela Virgen Pastoral cara ao Collado Pozabal. Uns metros antes deste cimbro (762 m), xiramos á dereita para coller unha pista que baixa a Cangas de Arriba e logo a Cenera