16 02 20 Circuíto Peña San Justo (Isoba) Lillo - León

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: Lillo (León)

PUNTO DE PARTIDA: Isoba (1.370 m)

ACCESO: Isoba está na estrada LE 332 que vai de Puebla de Lillo (León) a Ujo (Asturias).

HORARIO: 4/5 horas                 DESNIVEL: 550 m                        

DISTANCIA: 12,5 km                DIFICULTADE: Media      

TIPO DE RUTA: Circular            MAPA: I.G.N. – 79 – IV

COTA MÍNIMA: Prados de San Justo (1.200 m)       

COTA MÁXIMA: Collado Pinzón (1.525 m)

DESCRICIÓN DA RUTA: En Isoba, xunto á fonte de pedra, temos o panel indicativo da ruta. No comezo, como variante da ruta, saímos cara ao río pola zona da igrexa por debaixo da estrada en dirección ao lago.

            Esta variante permítenos ver na súa total amplitude a Peña San Justo e outros grandes cumes que o rodean como a Rapaína e o Pinzón a súa esquerda e o Niales, á súa dereita.

            Seguimos as sinais do PR LE – 27 baixando ata unha grande cadra, dando un rodeo a unha pena e ao pouco tempo podemos ver o impresionante pico Torres e para abaixo o río Isoba cara ao cal nos encamiñamos. Baixamos directos ao río onde existe unha ponte para cruzalo.

            Pasado a ponte, un indicador infórmanos de que o lugar de Cofiñal está a catro quilómetros e medio. O camiño segue por medio de praderías onde hai numeroso gando pacendo dende a primavera ata o outono. O camiño vai descorrendo entre as penas de San Justo e Niales encaixando cada vez máis o río e o camiño, chegando así ao lugar de Entrevados. A foz vaise estreitando e o camiño descorre sen maiores problemas pasando entre piornos, carballos e freixos, atopando entonces a fonte de Jerumbrosa onde existe un desvío para ver o Pozo de la Leña.

            Saímos do derradeiro tramo da foz de Entrevados, entrando nos prados de San Justo onde existe outro indicador que nos indica pola dereita a Cofiñal 2 km, e pola esquerda que é por onde seguiremos a Isoba polo Valle Pinzón, 6,5 km.

            Logo de xirar á esquerda vamos en busca do río Porma e as súas fermosas fervenzas. Comezamos a subida, paralelos ao río e a estrada que vai ao porto de Las Señales. Temos tamén un desvío para ir ao pozo de Los Forfogones que abandona o PR LE – 27.

            Seguindo a camiñada chegamos a entrada do Valle Pinzón onde xiramos á esquerda. Imos rodeando a Peña San Justo que por este lado é completamente diferente con fermosas e suaves praderías e unha zona de bosque de faias.

            Camiñamos ao largo do Valle Pinzón, case tres quilómetros e medio, chegando case ao remate do val onde de novo xiramos á esquerda para subir á cota máis alta deste percorrido, o Collado Pinzón (1.525 m). Desde este lugar, o que nos queda é costa abaixo ata Isoba.