16 01 16 Ruta de Santo André (A Fonsagrada)

 

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

MAPA PARA IMPRIMIR

 

SITUACIÓN: A Fonsagrada (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Escola de Vilardíaz  (620 m)

ACCESO: Na estrada LU – 740  (A PontenovaFonsagrada)

HORARIO: 4 horas                    DESNIVEL: 430 m   

DISTANCIA:14km                     DIFICULTADE: Baixa       

TIPO DE RUTA: Travesía            MAPA: I.G.N. – 49 – III

 

SINOPSE: A Fonsagrada posúe un gran valor etnográfico. Muíños, corripas, carboeiras, teixos, caleiros, cortíns, hórreos e principalmente castiñeiros que fan os soutos posiblemente máis grandes de Europa.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñada dende a escola seguindo a estrada cara a Vilardíaz collendo o primeiro camiño que aparece pola esquerda. Axiña chegamos ao núcleo de Vilardíaz onde destaca “Villa Severina” con o seu hórreo de teito. Deixamos á esquerda esta casa para cruzar de fronte a estrada para encarar unha pequena subida ata outro núcleo de casas. Aquí collemos unha pista á dereita que seguimos un treito ata que aparece pola dereita un estreito carreiro que nos introduce nun souto. Pasamos xunto a un teixo centenario e un par de carboeiras baixando ata unhas escaleiras de pedra chegando así a estrada asfaltada onde collemos á dereita seguindo por ela uns 350 metros ata que atopamos un sendeiro pola esquerda que de novo nos introduce no bosque.

            Este sendeiro baixa ata o río Veiga de Logares que imos remontando logo de pasar dúas corripas e as ruínas de dous antigos muíños onde atopamos unha parede de pedra que temos que bordear pola marxe dereita. Temos pasos estreitos entre rochas que superamos para achegarnos de novo ao río.

            Agora camiñamos paralelo ao mesmo, sobre a parte lateral dunha antiga presa que servía para regar as veigas, quedando o río á esquerda. Seguimos camiñando pola beira do río ata que atopamos de fronte o camiño que nos leva pola esquerda á aldea de Romeán e o seu castro onde podemos observar exemplos de arquitectura tradicional aínda ben conservada.

            O camiño agora sae a estrada asfaltada pola que camiñaremos ata a Veiga de Logares, lugar onde abandonamos a estrada para seguir paralelos a mesma pero polo medio do bosque. Por cómodo camiño, sen apenas desniveis chegamos a igrexa de Santo André onde remata esta travesía.