15 09 19 Ruta de Penamá ou das Corgas

PUNTO DE SAÍDA

TRAZADO DA RUTA

GALERÍA DE FOTOS

PDF CASTELÁN

   MAPA

 

SITUACIÓN: Allariz (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Allariz (440 m)

ACCESO: Desde Ourense pola autoestrada A – 52, cóllese a saída 211 para incorporarse á N – 525 collendo logo, na rotonda a primeira saída.

HORARIO: 5/6 horas  DISTANCIA: 19 km  DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Circular

DESNIVÉIS: 970 m de subidas/ os mesmos de baixadas

COTA MÍNIMA: Allariz (440 m) COTA MÁXIMA: Penamá (927 m)

MAPAS: I.G.N. - 226 - III - 264 - I 

DESCRICIÓN DA RUTAAs corgas son camiños de carro que ao longo dos anos foron deixando as marcas das súas rodas na rocha. A ruta comeza xunto á ponte seguindo o río Arnoia pola súa marxe esquerda. Camiñamos pola súa beira e logo de dous quilómetros e medio atopámonos con o muíño do Briñal. Cruzamos o río seguindo pola outra beira outro quilómetro e medio onde temos o muíño das Escadas. A partir de aquí comeza unha suave e continua subida cara ao lugar de A Portela. Saímos deste lugar polo lado oposto ó que entramos collendo en seguida unha desviación á man esquerda, pista que abandonamos na primeira curva para pasar xunto á capela de San Trocado. Seguimos pola estrada cara as Quintas de San Trocado ata unha curva moi cerrada na que abandonamos a estrada collendo pola dereita un camiño que vai entre árbores e fincas de labor. Chegamos a unha estrada asfaltada pola que camiñamos uns metros para abandonala tamén pola dereita collendo un camiño que vai a San Martiño dePazo.

            Abandonamos esta aldea camiño de Pumares, lugar que atravesamos collendo á saída unha pista asfaltada. Logo de pasar a primeira curva á esquerda, de novo, abandonamos o asfalto para internarnos nun frondoso bosque. O camiño sae a estrada asfaltada uns metros para internarse de novo no bosque en busca da aldea de Penamá que deixamos a nosa esquerda pois o camiño segue polas aforas. 

            Camiñamos de novo polo monte dende o que podemos ver o castelo de Mouresiños pouco antes de chegar á aldea de San Salvador. Aquí o camiño xira cara ao norte pasando preto de Paiocordeiro e entrando de novo en Allariz polo lugar de Roimelo.