15 08 24 Arties - Pont de Resec - Ref. de La Restanca

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁ

 

Subida desde Artíes ao refucio de La Restanca

             Na localidade de Arties comeza o val de Valarties. Os seus verdes prados contrastan con os bosques de coníferas e o impoñente Tuc de Montardo. O itinerario e o comezo dunha ruta de sendeirismo de alta montaña entre escarpados cumes, pedreiras e lagos. É parte do camiño de subida ao Montardo. altérnanse os bosques de abeto e pino negro batuxado de algunha sorba ou sabugueiro vermello.

            Tamén destacan plantas como o rododendro, que se viste de flores rosas ao comezo do verán, e a arandeira e os framboeseiros como froito preferido por moitos animais. No bosque abunda a fauna como o xabaril, o corzo, o raposo e a martuxa. Fora deste é a máis altitude o máis abundante e o rebezo, competindo con as marmotas e, en menor número, os inquedos armiños.

            Os restos de edificacións ou túneles que se atopan son das obras iniciadas nos anos 40 para concentrar a auga na central hidroeléctrica de Valarties. Unha obra de dimensións espectaculares con presas e 19 km de túneles e galerías que comunicaban os lagos da cunca de Valarties e as veciñas de Colomérs e Saboredo.

            O rododendro (rhododendron ferrugineum) produce unhas formas irregulares de cor amarelado que se chaman “agallas”. Son como tumores provocados polos insectos, fungos ou bacterias. É a defensa da planta á presenza do intruso para illar o ataque.

O “aceite de marmota” son as “agallas” de rododendro maceradas en aceite de oliva. É un eficaz antirreumático y ante inflamatorio. O rebezo ou “Isard” e o mamífero máis característico do Val d´Arán. Vive nas alturas comprendidas entre 1.000 e 3.000 m. No inverno baixa ata o límite superior do bosque e no verán sobe a buscar os pastos máis tenros e os xeladeiros de neve.

Percorrido detallado: (2 h) (5 km)

            O comezo sitúase no aparcadoiro da área recreativa de Pont de Resec, onde deixamos o coche. Seguimos a pista que segue o val ata a Pont de Rius onde, pasada a cabana xírase á esquerda seguindo as marcas do GR – 211. Sóbese por un sendeiro irregular pero ben marcado que serpea por un frondoso bosque de pinos e abetos. Rematada a subida, hai un desvío onde collemos á dereita seguindo gañando altura pero máis progresivamente.

            Divisamos a presa cando o bosque aclarea e, finalmente chegamos ao Lac dera Restanca. O refuxio de La Restanca está ao outro lado da presa. Detrás do refuxio atópanse as escarpadas Agulhes deth Montardo.

Variante por Basses de Rius (3 h 30 m) (8 km)

            Esta opción solo a faremos si temos tempo abondo porque é máis larga que a subida normal a La Restanca.

            En Pont de Rius, pasada a cabana xírase á dereita onde, ao comezo, o camiño está difuso por zonas pola herba ou as flores. Unha vez enrriba, nas lagoas de Basse de Rius, crúzase por unha lousa plana para entroncar con o GR 11 que collemos cara á esquerda.

Facemos un flanqueo polas Raspes de Rius seguindo as marcas do GR baixando unha pedreira, chegando así a un pequeno chan dende o que vemos o punto de saída. O sendeiro segue pola base do Tossal de Mar cara a presa, que cruzamos en dirección ao refuxio.

            En caso de irnos o domingo, a variante por Basses de Rius podemos alongala  ata 16 km en total para visitar os lagos de Estanh de Rius, Estanh Tórt de Rius, Estanh dera Colhada e o Estanh de Mar, para chegar despois ao refuxio.