15 08 29 Colomers - La Restanca - Pont de Resec

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici (Lleida)

PUNTO DE PARTIDA: Refuxio de Colomers (2.138 m)

ACCESO: Ao refuxio de Colomers chégase desde Salardú por pista forestal a Pla de Aiguamog onde se pode aparcar. Dende aquí seguir a pé. No cicuíto de Carros de Foc chégase dende o refuxio de La Restanca ou dende o refuxio de Saboredo.

HORARIO: De 3 a 4 horas        DISTANCIA: 9 km               

DIFICULTADE: Baixa              TIPO DE RUTA: Travesía   

DESNIVÉIS: De subida 490 m / de baixada 1.100 m

Estes desniveis non contemplan a opción de subir ó Montardo (2.785 m)

COTA MÁXIMA:  Port de Caldes (2.568 m)  

MAPA: Carros de Foc (Ed. Alpina) 1: 25.000      

DESCRICIÓN DA RUTA:

1ª parte:

De Colomers (2.138 m) a La Restanca (2.010 m) 3h a 4h (9 km)

            Seguimos o camiño que sae por detrás do refuxio é, aos cinco minutos temos que deixar á nosa dereita o GR que se dirixe ao Coll de Ribereta.

            Seguiremos pola dereita do regato e tras deixar o Estany Mort á nosa esquerda, a pendente acentúase cada vez máis. Así chegaremos ao Estanh deth Pórt de Caldes, á esquerda con o Port de Ribereta á nosa dereita e en poucos minutos coroamos o Port de Caldes de Colomers (2.572 m).

            A baixada faise curta, xa que logo, deberemos subir a un pequeno cimbro para situarnos enriba do Estany de Monges e sen perder altura chegar ao Coll d´Oelhacrestada (2.475 m). Unha vez aquí seguiremos o camiño coñecido, polo que pasamos o primeiro día en dirección RestancaVentosa, ata o refuxio de La Restanca.

2ª parte:

  De La Restanca (2.010 m) a Pont de Resec (1.392 m) 1h 30 m (4,5 km)

Desnivel de baixada: 618 m       

     Este camiño é o que fixemos o primeiro día, solo que en baixada, polo que non precisa moita explicación.

 

Pic Montardo Petit (2.785) e Montardo (2.837 m)  (ningunha dificultade técnica)

Subida desde Coret de Oelhacrestada (2.475 m), lugar de paso de Carros de Foc.

Distancia: 1.300 m    Desnivel de subida: 362 m

Tempo de subida: 1 h 30 m (aprox.)