15 08 27 José M. Blanc - Amitges

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici (Lleida)

PUNTO DE PARTIDA: Ref. José M. Blanc (2.318 m)

ACCESO: Ao refuxio de José M. Blanc acédese desde Espot directamente polo Vall de Peguera, unhas tres horas e media e 1000 m de desnivel. No circuíto de Carros de Foc desde  o refuxio de Colomina ou de Ernes Mallafré

HORARIO: De 4 a 7 horas         DISTANCIA: 18 km             

DIFICULTADE: Media               TIPO DE RUTA: Travesía      

DESNIVÉIS: De subida 847 m / de baixada 825 m .

Nin os desniveis nin a distancia contemplan as opcións de subir ó Pic de Monestero (2.844 m) ou á  Encantat Gran (2.748 m)

COTA MÁXIMA: Coll de Monestero 2.716 m.     

MAPA: Carros de Foc (Ed. Alpina) 1:25.000

DESCRICIÓN DA RUTA:

1ª parte:

De Josep Mª Blanc (2.318 m) a Mallafré (1.893 m) 3h a 5h (11 km)

            Dende o refuxio, collemos a pista cara ao norte seguindo o GR – 11 durante uns minutos. Logo, deixaremos o GR para seguir bordando o lago cambiando a dirección cara ao oeste.

            O camiño deixa á dereita o Estany de La Cabana e á esquerda o Estany de la Coveta para pasar xunto a un ramal, que ven pola esquerda, cara ao Coll de Monestero (2.716 m). Dende este paso sae un sendeiro á esquerda que leva ao Pic de la Peguera (2.980 m) e outro á dereita que vai ao Pic de Monestero (2.877 m).

            A baixada polo val de Monestero é unha das máis aconsellables para todas as persoas que queiran gozar da montaña. Primeiro baixamos por un camiño de terra, no comezo bastante pendente, para despois combinar tramos de herba con bloques de pedra. Unha vez nestes, seguindo os fitos, atopámonos no fondo do val. Quedan case catro quilómetros ata o Estany de Sant Maurici, seguindo sempre o camiño ben marcado entre grandes prados, frondosos bosques e impoñentes montañas ao redor, sendo as máis salientables as dúas Encantats, e cuxos pés está situado o refuxio.

2ª parte:

De Mallafré (1.893 m) a Amitges (2.366 m) 1h a 2h (6 km)

            Sen dúbida o tramo máis fácil xa que se trata de seguir a pista forestal durante seis quilómetros. Aínda así, este traxecto non ten desperdicio, con continuas fervenzas e vistas espectaculares das maxestosas Agulles de Amitges ao lado do refuxio.