15 08 26 Stany Llong - José M. Blanc

PUNTO DE SAÍDA MAPA DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Parc Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici (Lleida)

PUNTO DE PARTIDA: Ref. Estany Llong (1.987 m 

ACCESO: Coller a estrada de Boí ata o parking de La Palanca de la Molina onde se dixa o coche. 3 horas de camiño. Na travesía de Carros de Foc accédese desde La Restanca ou desde Colomina.

HORARIO: De 6 a 10 horas                DISTANCIA: 20 km             

DIFICULTADE: Media                     TIPO DE RUTA: Travesía

DESNIVÉIS: De subida 870 m / de baixada 495 m            

COTAS MÁXIMAS:Collado de Dellui 2.577 m e Collado de Saburó 2.667 m                                

MAPA: Carros de Foc (Ed. Alpina) 1:25.000 

DESCRICIÓN DA RUTA:

1ª parte:

De Estany LLong (1.987 m) a Colomina (2.420 m) 4h a 6h (12 km)

            Este traxecto é o máis longo en quilómetros aínda que non en dificultade. Do mesmo refuxio saímos en lixeiro ascenso polo bosque, en dirección á Colleta de Dellui (2.577 m) con unha parte perfectamente empedrada e coas agullas do mesmo nome diante de nós. O camiño segue facendo cómodos zigzags ata o cimbro.

Antes deste cimbro e chegando ao Gran Estany de Dellui temos que atravesar unha pedreira con bloques e ao coroala debemos baixar un pouco ata os prados que bordean pola esquerda o lago.

A paisaxe da zona sur é completamente diferente do que vimos ate o de agora, xa que esta parece lunar. Grandes lagos represados acompáñannos ao longo do camiño que, solo na súa parte inicial, ten unha pendente salientable. O resto do camiño é unha combinación de pequenas subidas e baixadas. Unha vez pasada a desembocadura do Estany Tort, chegamos a unhas antigas carrileiras de vagonetas, e ao pouco atoparemos á esquerda o desvío, que en sentido ascendente nos conduce ao refuxio que, non debemos confundir con o edificio que vemos máis abaixo que é o restaurante da estación superior do teleférico de Sallente a Estany Gento.

2ª parte:

De Colomina (2.320 m) a Josep Mª Blanc (2.318 m) 2h a 4h (8 km)

            Saímos do refuxio uns 200 m, do anterior camiño, para despois coller o sendeiro da dereita.

Deixamos os Estanys de Colomina e Mar á nosa dereita tendo que subir o Pas de l´Os (2.642 m), mediante unha curta pero dura subida de antigos chanzos.

Logo dunha curta baixada, pasamos a presa de Estany de Saburó, deixando esta á nosa esquerda. Seguimos subindo polas marcas do GR ata o Collado de Capdella ou Saburó (2.668 m).

Unha vez aquí, o aconsellable é seguir polo camiño que baixa á esquerda dos Estanys del Cap del Por, aínda que as sinais seguen pola dereita. Este tramo discorre entre prados que nos levará ata o cruce de Coll de Monestero.

Seguimos polo camiño da nosa dereita deixando o Estany de la Llastra á nosa esquerda e o Estany Negre á nosa dereita dende o cal, en poucos minutos chegamos ao refuxio que se atopa situado nun pequeno istmo, xusto no Estany Tort de Peguera.           

Debido a distancia a percorrer, non se contempla a subida a ningún cume.