15 04 04 Peña Plata /Atxuria e Covas de Zugarramurdi
PUNTO DE SAÍDA | TRAZADO DA RUTA | GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN | MAPA |
SITUACIÓN: Baztán (Navarra) Sare (Francia)
PUNTO DE PARTIDA: Zugarramurdi (208 m)
ACCESO: Dende o Valle de Baztán, pola N – 121 – B ata Dantxarinea, aquí collemos a NA – 4401 ata Zugarramurdi
HORARIO: De 3 a 4 horas DISTANCIA TOTAL: 9 km
DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Ida e volta DESNIVEL: 550 m
COTA MÁXIMA: Peña Plata (756 m) COTA MÍNIMA: Zugarramurdi (208 m)
MAPA: I.G.N. – 65 – II
SINOPSE: O airoso cume de Peña Plata / Artxuria, linde entre Baztán e Sara, é xusto con Alkurruntz un dos máis característicos do norte do val, facilmente recoñecible dende moitos sitios, e a pesares da súa modesta altitude, ofrece ao camiñante unhas incomparables vistas da cercán costa cantábrica, as verdes paisaxes de Iparralde, o val de Olabaidea e ao lonxe algún pico pirenaico como o Orhy.
Polo tanto, esta é unha sinxela excursión sen dificultades, na que nun día claro poderemos gozar de todo o encanto que nos ofrece este lonxano e pouco visitado recuncho.
DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza no centro do lugar, xunto a igrexa, subindo a costa que deixa esta a man esquerda, para volver a baixar abandonando o lugar, sempre sen desviarnos.
Ao avistar á nosa esquerda un regato abandonamos a pista, un cartel indica o Collado de Ibaineta polo PR – 90, e non chegamos a cruzar, internándonos no bosque. Camiñamos en rápida baixada pola marxe dereita do regato, a través do clásico camiño de Zugarramurdi a Etxalar, remontando en zigzag o derrube de Ainara, rodeados dunha densa vexetación.
Chegados a unha ampla explanada, o Collado Hiru Mugak, vemos por primeira vez o noso obxectivo, a cara norte de Peña Plata, moito menos elegante que a da vertente sur. A vista amplíase moito cara a costa, con Larun presidindo a paisaxe, seguimos as marcas amarelas do PR.
O sendeiro remata na pista que remonta cara á nosa esquerda, para alcanzar enseguida a casa rural “Gaineko Borda”, abicada nun fermoso sitio cunha fantástica panorámica cara a vertente francesa.
Dando as costas a borda, deixando á nosa esquerda a rochosa cima do Malkor, seguimos polo camiño, entre pinos e alerces, sorteando as poceiras, moi preto xa do cimbro próximo.
Saímos do espeso bosque de coníferas para chegar ao amplo cimbro de Ibaineta onde existe un poste indicativo. Á nosa esquerda, Mendibil (610 m), enfronte o Alkurruntz (931 m), e á nosa dereita os contrafortes de Peña Plata, que o tapan. Seguimos camiñando polo pendente sendeiro cara ao noroeste, buscando o cimbro superior que da vista novamente a Larun e a liña costeira, sendo espectacular a panorámica en todas direccións.
Unha vez neste punto, solo nos queda seguir o camiño que, en dirección oeste nos levará ao rochoso cume de Peña Plata / Artxuria (756 m) avanzando entre rochas de todo – los tamaños chegamos ao cume onde hai un enorme fito de pedras e unha fantástica vista.
Dende este cume podemos ver unha ampla liña de costa, o Orhy, Larun, Peñas de Haya, Mendaur, Saioa, Autza, Alkurruntz e moitos máis cumes. A baixada farémola polo mesmo camiño.