15 04 03 Parque Natural Señorío de Bertiz

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA  GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN    MAPA

 

SITUACIÓN: Oieregi (Beriz – Arana) Navarra 

PUNTO DE PARTIDA: Oronoz (160 m)

ACCESO:  Desde Ribadeo pola AP – 8, ata Irún, aquí coller a N – 121 A (37 kms a Oronoz - Mugairi)

HORARIO: 5/6 horas                    DISTANCIA: 21 km             DIFICULTADE: Media                  

TIPO DE RUTA: Circular              DESNIVEL ACUMULADO: 950 m

COTA MÍNIMA: Oronoz (160 m)             COTA MÁXIMA: Pico Aizkolegi (835 m)         

MAPAS: I.G.N. – 90 – II – 65 – IV            

 

SINOPSE: O Parque Natural Señorío de Bertiz ten unha superficie de 2.052 hectáreas estando a maioría cuberta de arborado. Este bosque autóctono é unha das mellores mostras de bosque mixto atlántico de Navarra no que, sobre o resto de especies arbóreas, predomina a faia.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos o recorrido no aparcamento do Parque Natural de Bertiz. Preto do aparcamento temos a oficina de turismo, varias esculturas modernas que forman un pequeno museo ao aire libre con Cedro de Bertiz, declarado Monumento Natural polo Goberno de Navarra. É a árbore máis importante do parque, xa que solo unha decena de árbores teñen este grado de protección en Navarra. Un xigante que acada os 32 metros de altura.

            Imos pola ruta que leva a Aizkolegi. Chegamos a unha reprodución dunha carboeira e unha caleira que nos mostran os antigos aproveitamentos do monte e máis tarde alcanzamos un cruce onde se dividen as rutas. Nosoutros collemos pola esquerda en dirección a Aizkolegi. Subimos por unha ancha pista facendo uns zigzags onde máis adiante da última curva debemos por atención porque nun pequeno claro sae á esquerda unha pista máis estreita sen indicador. Esta é unha variante do camiño habitual de Aizkolegi, así facemos máis variado o recorrido e coroaremos o cume de Paretazar (800 m).

            A tan solo cen metros chegamos a un valado que marca o límite do Parque. Cruzámolo por un paso de escaleira e xiramos á dereita, seguindo o valado pola parte exterior. Este tramo de camiño está marcado con pintura roxa e branca de sendeiro de gran recorrido. Seguimos subindo pasando xunto a unha faia que chama a atención polo seu porte e altura aínda que, non é a única que veremos neste tramo de camiño.

            Preto dos arames seguimos subindo e logo uns 650 m da gran faia debemos saír do sendeiro de gran recorrido que aquí comeza a baixar, para seguir subindo xunto ao valado. Temos de referencia do camiño a seguir as marcas cruzadas de pintura que nosoutros faremos caso omiso e seguiremos xunto ao valado.

            Saímos do bosque para chegar ao cume do Paretazar (800 m), que está xunto a cerca metálica. Desde aquí gozamos de boas panorámicas onde destaca o monte Mendaur. Desde este cume cruzamos o valado por un paso de escaleira e seguimos o cordal internándonos de novo no bosque por pequeno sendeiro moi fácil de seguir camiñando en dirección leste. Uns 750 m máis adiante enlazamos coa ancha pista pola que seguimos cara á dereita e camiñando outros 350 m chegamos ao cume do Aizkolegi (835 m). Este está coroado polo antigo palacete que edificou Pedro Ciga, ao que debemos a existencia deste Parque Natural. O parque era unha finca da súa propiedade que deu ao goberno de Navarra. Desde este lugar temos as mellores vistas da ruta, podendo apreciar todo o bosque atlántico que atravesamos na nosa camiñada. Ademais xunto ao palacete existe unha mesa de orientación que nos permitirá descubrir os montes máis pretos do lugar.

            Para baixar collemos outro camiño, comezamos a baixar pola pista pero, a pouco máis de un quilómetro, sae pola esquerda un camiño que indica Plazazelai o cal collemos. A baixada é bastante pronunciada vendo nesta zona bos exemplares de faia. Logo dunha rápida baixada, chegamos a un cruce de pistas que se atopan na parte baixa do val, seguindo pola dereita que indica dirección ao aparcamento.

            Solo queda seguir a pista algo máis de 8 km ata o aparcamento gozando dun frondoso bosque ao mesmo tempo que nos acompaña o son do rego que temos preto de nós, ata o mesmo aparcamento onde nos agarda o maxestoso cedro de máis de cen anos de idade.

 

Texto extraído do blog de Julio Asunción, Licenciado en Historia, guía turístico e montañeiro