15 09 20 Rota da Ortiga

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Vilariño de Conso (Ourense)

PUNTO DE PARTIDA: Caseta de Ribeira Grande (930 m)

ACCESO: Desde Verín pola OU – 114 ata Campobecerros. Desde aquí seguimos as indicacións, primeiro por estrada asfaltada, e logo de terra ata a caseta de Ribeira Pequena onde se presenta a autorización. Logo continuamos en coche por pista de terra ata a caseta de Ribeira Grande.

HORARIO: 5/6 horas          DISTANCIA: 21 km            

DIFICULTADE: Media         TIPO DE RUTA: Ida e volta e circular   

DESNIVEL: 990 m

COTA MÍNIMA: Caseta de Ribeira Grande (930 m)              

COTA MÁXIMA: Cabeza de Cernado (1.518 m)       

MAPA: I.G.N. – 265 – II     

SINOPSE: O Parque Natural da Serra do Invernadoiro atópase na marxe sur leste do Macizo Central Ourensán, estendéndose polas terras que verten as augas dor ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, ríos que contribúen con as súas augas ao encoro de As Portas. Para visitar este parque precísase de autorización que se pide ao Servizo de Conservación da Natureza no teléfono: 988 386 376 ou no correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: O sendeiro comeza xunto á caseta de Ribeira Grande (930 m) seguindo unha pista de terra. O camiño de suave pendente, uns once quilómetros,  ata o alto de Cabeza de Cernado.

            No primeiro tramo pasamos polo Rego da Ortiga (930 m) e o Rego do Cernadiño (1.020 m), indo pouco a pouco vendo o encoro de As Portas. No quilómetro 3,2 temos unha bifurcación onde seguimos polo camiño da esquerda. Nesta zona predomina a prantación de piñeiros e, conforme imos subindo, vamos vendo a pista que deixamos detrás.

            Segundo imos subindo, a pista volve a cruzar os regos de Cernandiño (1.280 m) e A Ortiga (1.320 m), xa preto do seu nacemento.

            Así chegamos a un cruce de pistas (1.443 m) onde temos que facer un brusco xiro á dereita, quedándonos menos de un quilómetro para acadar ao alto de A Ortiga (1.480 m). Seguimos camiñando polo cortalumes para chegar ao Miradoiro da Ortiga (1.490 m). Desde este lugar podemos ver o cume máis alto de Galicia, Pena Trevinca, situado a máis de corenta quilómetros de distancia, tamén podemos ver Cabeza de Manzaneda e o Castelo de Cerveira.

            Seguimos polo cortalumes, pasando polo Alto do Cernandiño (1.491 m) chegando así a caseta de Cabeza de Cernando (1.518 m), punto máis alto deste recorrido. A partir de aquí, e seguindo o cortalumes, o camiño baixa con forte desnivel ata un tramo chan entre piñeiros onde existe unha área recreativa (1.265 m), chegando así ao lugar coas mellores vistas da ruta.

            Seguimos baixando polo cortalumes, tamén temos outro camiño máis longo pero menos pendente, ata que atopamos unha pista á dereita entre piñeiros (1.070 m) que nos levará de novo a entroncar na bifurcación co camiño de ida. Seguimos o camiño xa coñecido que en pouco máis de tres quilómetros levaranos ao punto de saída.