15 06 21 Pico Catoute

PUNTO DE SAÍDA TRAZADO DA RUTA GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN    MAPA

 

SITUACIÓN: Igüeña, Murias de Paredes e Palacios de Sil (León)

PUNTO DE PARTIDA: Colinas del Campo de Martín Moro Toledano (1.060 m)

ACCESO: Na autoestrada A – 6 coller a saída de Folgoso de la Ribera. A estrada pasa por Igüeña rematando en Colinas del Campo.

HORARIO: 6/7 horas      DISTANCIA: 20 km        DIFICULTADE: Media

TIPO DE RUTA: Circular  DESNIVEL: 1.150 m

COTA MÁXIMA: Pico Cerneya (2.117 m)  

COTA MÍNIMA: Colinas del Campo (1.060 m)

MAPA: I.G.N. – 127 – II     

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Entramos na aldea (1.060 m) pasando por debaixo dun curioso arco con placa que expresa o agradecemento dos montañeiros con os badocos. Chegamos a unha ponte é do outro lado temos un cartel explicativo da ruta do Catoute. Ese é o camiño polo que baixaremos porque agora imos seguir as indicacións doutro cartel que indica a Campo. A pista, pouco transitada, transcorre polo val con o río Susano á nosa esquerda así como o val do mesmo nome polo que podemos ver a crista entre o Cerneya e o Catoute.

            Cando a pista remata (1.400 m) vémonos obrigados a cruzar o río e subir un pouco para coller un vello camiño carreteiro que se usaba, nos seus días, para baixar a herba desde Campo ata Colinas. Logo duns minutos cruzamos o río e volvemos a subir ata acadar un promontorio aberto que nos brinda unha estupenda vista do tramo central do desfiladeiro. Por un lado está a ladeira sur este do Sesteadero del Buey de Fraile, e entre os derrubes orientais da Sierra de Vizbueno.

            A medida que medra o horizonte dámonos conta de que estamos a chegar a Campo de Martín Moro (1.500 m), avistamos a veiga e a pequena ermida diante de nosoutros, rodeada de altas montaña, atopamos unha inmensa pradería con o gando pacendo.

            Cruzamos a veiga, máis ou menos polo medio, para chegar a unha pequena cabana, detrás da cal parte un sendeiro que sobe pola ladeira nor oriental de La Robeza. É importante localizar o comezo do sendeiro correctamente, fixándonos nuns pequenos fitos colocados para este fin. Unha vez no sendeiro xa é máis fácil seguilo porque a vexetación non nos deixa alternativa, habendo un par de sitios onde o sendeiro deixa de ladear para subir bruscamente pola esquerda.

            Logo do último repeito saímos a un terreo máis despexado tendo moi boas vistas de Campo e dos cumes de El Seteadero de Buey Fraile e Arcos del Agua. Á nosa esquerda está a Robeza e de fronte temos un amplo cimbro que nos dá acceso á zona alta da ruta.

            Dende o cimbro dominamos pola esquerda boa parte da serra de Vizbueno, toda a zona alta do río Susano e case todo o camiño ata o Catoute. Rodeamos o Pico de la Robeza (1.921 m) pola esquerda, pasando por riba da pequena lagoa de La Robeza para ir a dar a un estreito cimbro que nos sorprende cunha excelente vista do Valdeiglesias. Igualmente sorprendente é a estreita crista que nos conduce ata o cume do Cerneya (2.117 m), logo baixamos cruzando unha zona granítica subindo, a continuación, pola esquerda das torres que protexen este lado do Catoute. Dende o cume (2.112 m) as magníficas vistas, tanto abaixo con o lugar de Salentinos ao oeste e o río Susano polo suroeste. O Valdeiglesias, o Tambarón e Arcos del Agua relativamente preto e na distancia a serra de El Teleno, Os Ancares, o Alto de Bergadón, o Cueto Arbás, cumes de Somiedo e Babia e o Macizo de Ubiña.

            Dende o cume baixamos cara ao sur este ata un cimbro herboso dende o que podemos gozar da crista que acabamos de recorrer, logo, baixando cara ao norte collemos un estreito sendeiro que nos leva en dirección noroeste, primeiro en baixada, e logo subindo para pasar unhas rochas. No remate, atopámonos cun promontorio que rodeamos pola esquerda para chegar a un pequeno prado. O camiño sae deste pola dereita baixando ata a Pradera de Susano (1.300 m) onde collemos un bo camiño que baixa polo val do río Susano ata Colinas.

 

Texto extraído do libro Por la Cordillera Cantábrica de Robin Walker (Ediciones Trea)