14 04 17 El Asentadero - Bosque de Los Espejos - Miranda del Castañar

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS VER PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: San Martín del Castañar – Sequeros, Casas del Conde e Miranda del Castañar (Salamanca)

PUNTO DE PARTIDA: Sequeros (940 m) 

ACCESO: Dende Salamanca pola SA – 210 ata Tamames. Aquí collemos a SA – 525  ata entroncar con a SA – 220 que nos leva ata Sequeros.

HORARIO: 5 horas              DESNIVEL: 480 m de subida / 750 m de baixada                       

DISTANCIA: 16,5 km            DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPA: I.G.N. – 527 – III

SINOPSE: O AsentaderoBosque de los Espejos e un camiño circular, que discorre polos concellos de San Martín del Castañar, Sequeros e Las Casas del Conde

O percorrido permite gozar do Parque Natural de Las BatuecasSierra de Francia, onde se instalaron obras de arte que sorprendes ao camiñante. É unha invitación a mirar doutra maneira, ler dende o arte a paisaxe, atravesar o espello ou adiviñar reflexos imposibles.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada, como é circular podemos comezala en calquera dos lugares polos que pasa. Nesta ocasión imos facelo en Sequeros dende onde camiñamos ata a ermida de El Humilladero e seguimos este percorrido circular en sentido contrario as agullas do reloxo.

            Comezamos o primeiro dos camiños é o máis antigo por unha terminación do orixinal camiño do Asentadero de los Curas que se deseñou a mediados da década do 2000 en liña recta entre Sequeros e San Martín del Castañar. Ademais, pertence a un tramo do GR – 184. Aínda que existe un atallo  para un percorrido máis curto, nós imos facer este recorrido íntegro.

            Nada máis saír da ermida atoparemos a Casa de los Oficios Artesanos. Seguindo o vello camiño cara a San Martín del Castañar iremos atopando diferentes paradas artísticas como: Los Pájaros del Alba, Asentadero de los Curas, Pozas del Caraba, Laberinto de los Paredones, Regato de los Mayas, Tarmas de Babel e as ruínas da ermida de Santa Lucía. Logo de cruzar a estrada local, xa preto de San Martín, atoparemos El Averno e El Jardín de los 4 Elementos, unha divertida pasarela de madeira por riba dun barranco. O derradeiro tramo, costa arriba, entre as hortas con muros da localidade. El Pasadizo de las Revelaciones.

            Sen chegar a San Martín o camiño xira cara as Casas del Conde. Este percorrido é máis novo (2011), chamado Bosque de los Espejos. Este tramo faise por un divertido e estreito sendeiro, con viñedos situados nas abas entre froitales e hortas. Ao longo do percorrido imos vendo distintos lugares artísticos como unha porta metálica branca, e unhas boas vistas de San Matín.

            De seguida comezamos a ver mouchos metálicos brancos, ao longo do sendeiro para entrar en Casas del Conde por un vello Vía Crucis. Logo de ruar polo fermoso lugar, cruzamos de novo a estrada e afrontamos a subida duns trescentos metros de desnivel ata Sequeros, sendo os primeiros pasos os máis duros. Aínda temos ocasión de ver algunha obra máis como unha agulla xigante que atravesa e cose unha rocha e unha casa da árbore, situada nun vello vertedoiro recuperado. Xa por camiño máis amplo saímos da carballeira e chegamos de novo xunto a ermida de El Humilladero.

            Para a xente máis andadora a camiñada segue ata Miranda del Castañar.

Para iso cruzamos Sequeros pola zona sur do lugar seguindo as marcas do sendeiro chamado “Senda 4” sinalado con marcas de pintura de cor branco e verde. Este sendeiro que cruza a estrada SA – 220 en dúas ocasións baixa directamente a Villanueva logo de percorrer pouco máis de un quilómetro.

            Cruzamos Villanueva por varias rúas do centro en dirección sur. Pasamos, xa fora do lugar, xunto á fonte La Canaleja. O camiño as veces por pistas e outras por sendeiros vainos levando, sempre en baixada, entre viñedos e hortas, gozando das vistas do val.

            Cruzamos por unha vella ponte de pedra continuando paralelo ao regato de San Benito para cruzar, de novo, por outra pequena ponte e, máis tarde a ponte do río Francia. Aquí temos un sendeiro que en subida pasa xunto a hermida da Virgen de La Cuesta ata Miranda del Castañar