14 11 16 Pendones - Orlé

 

VER PUNTO DE SAÍDA

VER MAPA DA RUTA

VER GALERÍA DE FOTOS

P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Caso (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Pendones (790 m)

 ACCESO: A Pendones chégase dende La Ponticiella, lugar situado na beira da estrada AS – 17 AvilésPuerto de Tarna. 

HORARIO: 5/6 horas     DESNIVEL: 700 m de subida / 800 m de baixada                             

DISTANCIA: 11 km                        DIFICULTADE: Baixa       

TIPO DE RUTA: Travesía             MAPAS: I.G.N.- 54 – IV – 79 - II

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Esta camiñada parte do lugar de Pendones (790 m), no lugar existe un bebedeiro dende o que á esquerda sae un camiño que leva ao depósito da auga. En suave ascensión proseguimos a andadura chegando despois de pasar varios desvíos as cabanas de La Quemada.

            Á altura do bebedeiro de La Quemada temos que coller o camiño da dereita que nos introduce nun frondoso bosque. Así e logo de pasar outro desvío á esquerda chegamos ao cimbro de La Degollada (1.204 m), lugar onde o camiño entronca con a pista que sobe do lugar de La Cantera.

            O itinerario segue por dita pista en dirección á braña de El Juacu onde aínda se conservan algunhas cabanas ao abeiro das penas. Desde aquí o camiño segue subindo en dirección ao Collado Capiella (1.440 m) situado ente o pico La Senda e a Carrasca. Desde este lugar temos vistas privilexiadas do monte de Redes, Cantu del Osu e o porto de Tarna polo sur, o Tiatordos e o Maciédome polo leste, e o val de Orlé e a Collada de Arnicio cara ao norte.

            Dende as campeiras deste cimbro, divisamos un fito de deslinde cara ao que camiñamos abríndose a vista agora cara ao val de Capiella, sucado polo rego do mesmo nome.

            Agora comeza a baixada, deixando o rego á nosa esquerda ata acadar o fondo do val no punto onde se xuntan as augas do Capiella e Orlé. Camiñamos agora ao carón do río Orlé ata chegar as cabanas e praderías de Conforcos (1.100 m), onde á dereita podemos ver o refuxio de cazadores. Un pouco antes de este refuxio, baixa pola nosa dereita o río Melordaña que forma un dos desfiladeiros máis fermosos de Asturias. Este desfiladeiro pode percorrerse sen moita complicación cando o río trae pouca auga, subindo ata a braña de Melordaña.

            Dende Conforcos, seguimos o camiño que nos leva a braña de L´Acebal (1.040 m), situada nun verde e fermoso rechán. A partir de aquí o sendeiro transfórmase nun camiño empedrado baixando xunto ao río que cruza polas pontes de Vallumasalto (900 m) e Vallu (860 m).. Non temos máis que seguir a pista que deixando o río a nosa esquerda lévanos a localidade de Orlé (650 m), lugar onde remata esta camiñada.