14 10 19 Pto. de El Pontón - Pozúa - Oseja de Sajambre
P.D.F. CASTELÁN |
SITUACIÓN: Sajambre (León)
PUNTO DE PARTIDA: Porto do Pontón (1.294 m)
ACCESO: Pola estrada N – 625 que vai de Cangas de Onís a Riaño e León.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVÉIS: De subida 615 m / de baixada 1.157 m
DISTANCIA: 15 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. – 80 – I
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do porto de El Pontón (1.294 m) á altura do quilómetro 110 camiñando en dirección sur uns cincuenta metros e xirando a poñente segundo non metemos no faial. O sendeiro, agora mellor marcado, pasa por unha leve depresión é, ao saír dela, ganamos unha lomba por camiño labrado en laxe. Agora o xiro cara ao sur, aumentando a costa por un sendeiro pouco claro que descorre entre faias. Máis arriba, á nosa esquerda, deixamos unha pena de conglomerado pola vertente de Sajambre, cuberta de arandeiras e uces, onde accedemos a liña de cumes saíndo do bosque.
Á nosa dereita temos a bagoada que forma o rego do Inferno, coa súa fonte ao lado da estrada nacional. Seguimos a liña de cumes pasando por El Morrueco, Cueto Robequero, El Crestón de las Rochicas, Pico La Panda, Collado Argayo e o Alto de Las Arregueras (1.726 m). Neste último cambiamos cara a poñente e cruzamos o cimbro de igual nome (1.710 m) para coroar o cume do Pozúa (1.907 m), miradoiro excepcional cara aos cumes do Cornión.
Dende o cume camiñamos en dirección noroeste baixando cara á ladeira da esquerda, deixando á man contraria La Cerra, El Portiello e La Trana, chegando así ao Collado Becenas (1.614 m) e logo dunha curta subida situámonos do que en Pío chaman Porro Los Argaos (1.718 m). A partir de aquí, seguimos cara ao suroeste pola divisoria entre Sajambre e Burón por un tramo de monte baixo onde alcanzamos o porto de Zarambral (1.562 m), que da paso a Pío dende o val de Becenas.
Na baixada, o sendeiro entra no bosque orientado ao nordeste, para describir de seguida varios zigzags, cruzar o regato Cascayín, que nace nos Collaínos de La Calva, por debaixo da confluencia deste con os regatos de La Redere e Vaulluengo, pasando a beira esquerda, quedando a esta mesma man a braña de El Carrascal pertencente a Pío e Vierdes.
Pasamos polo sitio chamado La Llama de Zaramal, algo máis chan que o resto do percorrido no que existe unha xunqueira, na parte oposta á que pisamos nace a fonte de El Güeyo del Zarambral, que é captada para a central de Pío, situada un quilómetro máis abaixo. Unha pista de tres quilómetros dende a central lévanos a Pío (750 m), distante uns tres quilómetros de Oseja de Sajambre (725 m)