14 10 18 Collada Llomena - Tolivia - Puente Vaguardo

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Collada Llomena (993 m)

ACCESO: En Cangas de Onís, collemos a estrada N – 625 que sobe ó porto de El Pontón, e a altura de Santillán desviámonos a dereita pola AS – 261 que pasa por Sellaño e San Juan de Beleño. Dende aquí a 3 km. atópase a Collada Llomena.

HORARIO: 5/6 horas            DESNIVÉIS:Subida 850 m / Baixada 1.350 m 

DISTANCIA:16 km             DIFICULTADE: Media             TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPA: I.G.N. – 80 – I

 

DESCRICIÓN DA RUTA: En Collada Llomena (993 m.), collemos un camiño no que se atopa o cartel indicativo da rota P.R. AS – 181, perfectamente sinalizada en todo o seu percorrido.

            O camiño de terra, comeza cunha suave pendente polo medio dun paraxe con carballos freixos e moitos acivros, sendo este tramo un balcón natural cara as montañas do Cornión e do Cordal de Ponga. En todo momento seguimos o camiño principal obviando todos os desvíos que iremos atopando. O camiño, pasa pola braña de Les Bedules (1.083 m.) onde temos unha fonte, lugar extraordinario como miradoiro dende o cal se ve Peña Salón, o pico Pierzu e o gran val de Ponga entre Taranes e a Llambria, así como os cumes do Cornión. Ata aquí ven unha pista de formigón procedente do Cabañón. Pasamos xunto a fonte e seguimos pola esquerda, deixando a dereita varias cabanas. A pista ensánchase e intérnase no bosque sen perder altura para tras un cómodo recorrido chegar a Collado Granceno (1.195 m.) onde temos outra fonte, preto da cal está o indicador que nos anuncia un brusco xiro a esquerda para baixar a Viboli, pero nós temos que coller o camiño que indica a Tolivia, braña abandonada hoxe en día.

O itinerario é o ideal para recrearse ca paisaxe; pasa por Abañera, Les Files e a cova Ñobeya avanzando cara ó Porrón de Ardimales é, subindo levemente da un xiro á esquerda para asomarse o val de Tolivia. A bagoada esténdese ata o cume do pico, que dende aquí amósanos o acceso máis vulnerable. Seguimos o sendeiro que se arrima a cristería occidental, progresando por un terreo de pedras e herba. Pola canle vamos vendo restos de cabanas pertencentes a antiga braña de Viances e máis enriba restos dunha calicata mineira. Antes de enfrontarnos o resalte final da pena, e conveniente xirar a nosa dereita para chegar o cume por un terreo máis cómodo entre árbores illados e terreo irregular. O escabroso cristerío chega ata Peña Subes, que xunto con Sen de los Mulos, e un dos miradoiros que máis panorámicas ofrece desta zoa de Asturias. A volta facémola polo mesmo camiño pero en vez de xirar á dereita no fondo do val, seguiremos de fronte por un sendeiro marcado que nos introducen nun faial baixando cara á esquerda polo medio do monte. Dende esta parte do camiño, aínda podemos ver no fondo do val os prados do casarío de Llué, lugar onde Martinón velou o cadabre da súa dona varios días ao non poder ir a soterrala a Tolivia pola intensa nevada caída. Polo día enterraba na neve para que nos se descompuxese e pola noite metía na casa para que non a comeran os lobos.

Este sendeiro deposítanos no Collado Llampaces que da paso a unha baixada vertixinosa polo monte de La Varera ata o Collado Cociyón onte existen os restos dunha antiga braña. O sendeiro segue baixando ata que atopamos as casas deshabitadas de Tolivia. Logo de pasar esta aldea, o camiño labrado na rocha da vistas ao val do Sella, baixando por trazos inverosímiles de fermosas vistas, atravesando o rego Mojizo primeiro e logo o río Sella. Solo queda unha curta subida para acadar a estrada, lugar onde remata esta travesía.