12 08 19 Senda do Eo (Baleira) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

O Pividal – Real – San Paio – Cabreira - Cortevella

 

SITUACIÓN: Concello de Baleira (Lugo) 

PUNTO DE PARTIDA: Estrada de Meira – O Cádavo no lugar de Valderexe (600 m) 

ACCESO: Na estrada A VeigaPontevedra, en Meira coller a LU – 150 en dirección ao Cádavo.                                

HORARIO: 4/5 horas            DESNIVEL:                                        DISTANCIA: 10/14 km                              

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Travesía                      MAPA: I.G.N. – 73 – II – IV

SINOPSE: A Fraga de A Marronda, localizada entre as entidades de Braña, Mendreiras, Martín e a estrada que une o Cádavo con Martín é o bosque mellor conservado de Baleira que, xunto con outros bosques do concello como son os de Freixido, Bosque do Eo, Monte Grande e Carballal, Bosque da Lastra e Bosque de Córneas entre outros, conforman unha extensión de máis de 30 quilómetros cadrados de bosque. A Fraga de A Marronda, cunha extensión de 1.239 Ha constitúe un magnífico exemplo de bosque autóctono galego que ademais se mantén nun moi bo estado de conservación.

DESCRICIÓN DA RUTA: A ruta comeza na estrada LU – 150, a altura de O Pividal (600 m), onde indica San Paio. Este primeiro tramo de catro quilómetros transcorre por estrada asfaltada, tendo moi boas vistas do val do Eo. Pasamos por Real (560 m) continuando a baixada pasando xunto a unha ponte preto da cal existe un muíño con a súa presa, formando unha fervenza de notables dimensións. Seguimos por pista asfaltada ata San Paio (540 m).

      Saímos de San Paio descendendo aproximadamente 1.400 metros pola marxe esquerda do río Eo ata chegar á ponte do Naseiro, onde cruzamos o río para pasar á marxe dereita, tomando un camiño descendente na marxe dereita do río Eo, que pasa preto do Monte da Reborda e vai cara ó Monte do Naseiro, ata chegar a Cabreira (500 m). Ó longo deste percorrido podemos gozar das fervenzas da Acea de Serra en San Paio e do pozo da Ferreira no descenso cara a Cabreira. En Cabreira atravesamos o río por unha ponte que nos leva cara á Capela da Pastora, a 1,8 km. atopamos o rego do Monte Meán, a continuación pásase pola Granda do Marco, pasando ó lado do Montillón, despois de 1800 metros chegamos ó Rego da Teixeda e despois duns 2 km. chegamos a Area Recreativa de Cortevella (344 m).

      Sorprenden os incribles meandros do Eo, río que debuxa sobre a rocha formas diversas, algunhas tan orixinais como a da Volta , pena á que rodea en case toda a súa totalidade. Na actualidade un paseo rodea a pena permitindo avaliar este curioso prodixio da natureza. Asemade sobre a mesma pena erixiuse un miradoiro dende o que se contempla este antollo do río e as numerosas ouriceiras da zona.

      Dende a Area de Cortevella podemos realizar a Ruta da Mina, sendeiro de pequeno percorrido que discorre polas beiras do Eo hasta unha antigua mina de ouro, tamén pasaremos por este fermoso lugar si realizamos a Ruta da Marronda - Alto Eo.

      Nas Estrapelas situouse un acolledor merendeiro, á beira da canle, que discorre poboada de troitas por diante da Aceña da Cortevella.

      Seguindo a corrente fluvial uns metros máis abaixo aprácenos unha pequena fervenza que esvara ondulante entre as pedras.