14 07 20 Pico Mofrechu
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | P.D.F. CASTELÁN |
SITUACIÓN: Sierra de Escapa – Cangas de Onís e Ribadesella (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: Ermida de Viña (40 m)
ACCESO: Viña está situada na estrada N – 634 entre Arriondas e Ribadesella.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 880 m de subida / 512 m de baixada.
DISTANCIA: 10 km DIFICULTADE: Media IPO DE RUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. – 31 – III
SINOPSE: No oriente de Asturias temos tres serras que compiten en espectacularidade debido a súa situación entre o mar e a cordilleira. Teñen espectaculares miradoiros, non só do litoral, senón tamén dos Picos de Europa. A serra de Escapa sitúase entre as do Sueve e Cuera. A súa máxima altitude é o pico Mofrechu de 891 m, o máis alto do concello de Ribadesella dende o cal temos boas panorámicas incluído Ribadesella
DESCRICIÓN DA RUTA: Camiñamos dende Viña en dirección suroeste nos primeiros pasos seguindo a canle do regato de La Viña que cruzamos (60 m) logo de levar andado uns setecentos metros. Deixamos agora o regato á nosa dereita para comezar a subida cara ao casarío de Llirón (300 m). Xusto antes de chegar a este lugar, deixamos a pista para seguir pola dereita por sendeiro que pasa baixo os derrubes de El Porru.
O sendeiro chega ata os prados de La Llamera (480 m) e a braña de Los Bosques (480 m) superando pouco desnivel pero a partir de aquí gaña altura facendo varios zigzags para acadar o Chozo de Cuana (740 m), onde existen varias praderías cercadas por muros de pedra.
Agora o sendeiro encara as abas do Mofrechu ata o seu cume (891 m), sendo este unha estratéxica atalaia que nos depara vistas insospeitadas cara aos catro puntos cardinais. Podemos ver cara ao sur os Picos de Europa, ao norte asoma a vila de Ribadesella.
Agora toca baixar seguindo a ruta tradicional que ven dende o Collado Baju ou de Igena. Entre matueiro baixamos por marcado sendeiro ao Collado Bemoria e de seguido a Vega Maor (760 m). Dende esta ampla cubeta baixamos a Vegalafuente (730 m). O camiño baixa por acusadas revoltas ata a braña de Hueses, fermoso lugar con prados cercados de pedra.
A ruta prosegue polo Collado de La Felguerina (600 m), e a braña de Entrellanos xa moi preto de Alto Igena (456 m) que da remate a esta travesía.