14 06 15 Burbia - Pico Tres Bispos - Campa da Braña

 

 

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

 

SITUACIÓN: Candín (León) Cervantes (Lugo)

PUNTO DE PARTIDA: Burbia (880 m)

ACCESO: Denda a A – 6 desviarse en Villafranca del Bierzo cara á Cacabelos. Aquí cóllese a LE – 12  que pasa por Quilós, San Pedro de Olleros e San Martín de Moreda. Uns 38 km dende Villafranca del Bierzo.

HORARIO: 6/7 horas                      DESNIVEL: 1.200 m de subidas/ 750 m de baixadas            

DISTANCIA: 18 km             DIFICULTADE: Media/alta            TIPO DE RUTA: Travesía             

MAPAS: I.G.N. -  125 – II – 126 - I

SINOPSE:

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do albergue de Burbia (880 m) en dirección noroeste, por ampla pista que segue o curso do río Burbia. Chegado a unha bifurcación (920 m) collemos o desvío á dereita pasando xunto a antiga central eléctrica de Burbia.

            Estamos no val do río Vilouso que seguiremos ata as súas fontes. O camiño intérnase no frondoso bosque de carballos, castiñeiros, e acivros entre outras moitas especies. Nun claro do bosque aparece a cabana de El Acebalín en perfecto estado de conservación.

            Máis arriba temos os lagos de Villouso ou Burbia que dan vista ao cimbro da Golada Boca do Campo (1.740 m), lugar onde nace o río Ortigal, que é o noso próximo obxectivo. Unha vez no cimbro temos que seguir en dirección suroeste a liña divisoria podendo subir aos cumes Corno Maldito (1.840 m) e pasar, logo dunha lixeira baixada e subida ao Pico dos Charcos ou Berdías (1.860 m), o seu nome fai alusión ás pequenas lagoas que se asentan nas súas abas orientais. Baixamos do Pico dos Charcos, ben polo camiño ou descendendo directamente para enfrontarnos co Alto das Merendas (1.795 m), monte pouco representativo que se pode subir ou rodear pola dereita seguindo o camiño que nos achega á aresta de Os Penedois (1.754 m. 1.779 m e 1.783 m) un pouco aéreas que esixen trepar. Tamén se poden evitar rodeando pola esquerda. De seguida coroamos o pico Tres Bispos (1.795 m) dende o que xiramos bruscamente abandonando a divisoria provincial e rodeando o monte Candal pola esquerda baixamos á Campa de Tres Vispos (1.583 m), onde segundo contan, reuníanse unha vez ao ano so bispos de Lugo, Astorga e Oviedo.

Unha pista apta para vehículos lévanos, por riba Monte da Vara, entre piornos, bidueiros e algún carballo ata a Campa da Braña, situada a uns oito quilómetros da Campa de Tres Vispos, sendo punto final desta fermosa travesía.