14 06 14 Piornedo - Pico Mostallar - Burbia

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Cervantes (Lugo) Candín (León)

PUNTO DE PARTIDA: Piornedo (1.140 m)

ACCESO: O camiño máis fácil e coller a estrada Becerreá – Navia de Suarna, desviarse por San Roman a Degrada.

HORARIO: 6/7 horas            DESNIVÉIS: 784 m de subida / 1.050 m de baixada                     

DISTANCIA:16 km             DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPAS: I.G.N. – 99 – IV – 125 – II – 126 – I 

SINOPSE:

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da aldea de Piornedo (1.140 m) e tras sobardar a capela por detrás, collemos unha pista en dirección SE. Ascendemos de forma continua por un camiño pedregoso ata unha campa que foi desbrozada. O sendeiro descorre pola esquerda da campa, achegándose de seguida a outra máis pequena, onde o camiño sitúase na parte baixa. Aquí deixamos a ancha pista e collemos un sendeiro que horizontalmente nos vai achegando a un bosque.

            Metémonos de cheo no medio de carballos e acivros, por un fermoso camiño de pedreiros, e auga que corre por el, de seguida tórnase un pouco mais costo para  levarnos a unha extensa campa.

            En suave descenso divisamos Campa Redondo, moi grande, con moita vexetación e canles de auga. É importante facerse unha composición do lugar por onde vai o sendeiro, porque unha vez abaixo a vexetación, composta maiormente de xestas, e alta sendo  fácil perderse. A corredoira  decorre a dereita da campa tras sortear o río Piornedo e deixalo á esquerda por unha ponte de madeira.

            Séguese subindo, divisando algunha fervenza por un camiño pedregoso chegando ás ruínas dunha cabana gandeira. Xa divisamos a esquerda, impresionante, o Pico Mostallar (1.924 m).

Atravesamos esta campa e ao remate da mesma collemos un sendeiro que vira cara a esquerda en dirección a unha liña de arames. O camiño tórnase máis costo, ata que chegamos ao que se chama a  Golada do Porto (1.700 m), mesmo xunto a cerca metálica. Aquí non teremos máis remedio que facer unha parada por dous motivos ben diferentes:

             Primeiro,  a vista que nos aparece de repente, con os límites da provincia de Lugo e León que o fai a propia liña de arames  e a fermosura da vertente leonesa con a aldea de Burbia en primeiro lugar. Máis lonxe aparecen as minas romanas de As Médulas  e a cidade e central térmica de Ponferrada.

Segundo, coller un resollo pois a pendente que temos de fronte faranos dubidar da nosa forma física. Nada máis lonxe da realidade porque, este último tramo, temos que collelo con tranquilidade. Haberá alguén que lle leve subilo quince minutos e a outros e outras máis de media hora, pero de ningún modo, se o día está despexado poderemos pasar sen pisar o cume do Mostallar.

Unha vez enriba saberedes porque mereceu a pena este último esforzo.

            A volta; farémola polo mesmo camiño ata a Golada do Porto onde traspasamos a liña de arames para coller o antigo camiño de Burbia. O camiño baixa en busca do río Burbia pasando pola braña de Mostallar (1.580 m) para entrar nun fermoso bosque en baixada pola Cuesta del Reventón.

            Pasamos unha bifurcación (920 m) onde se atopa a antiga central eléctrica de Burbia que da paso ao val do río Vilouso, seguimos por cómoda e ancha pista ata que entramos en Burbia (880 m), tendo o albergue situado na entrada do lugar por este lado.