14 05 18 Felechosa - Retriñón - Soto de Agues

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

SITUACIÓN: Aller e Sobrescobio (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Felechosa (650 m)

ACCESO: Dende a autoestrada A – 56 collemos a saída en Ujo que pola estrada AS – 253 nos leva a Felechosa e ao porto de San Isidro.

HORARIO: 5/6 horas                   DESNIVÉIS: 530 m de subida/ 850 m de baixada                               

DISTANCIA: 16 km             DIFICULTADE: Media             TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPAS: I.G.N. – 79 – I – 54 – III 

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a andaina xunto a capela da Virxe da Antiga na desembocadura do val de Fresnedo. Temos xa dende o primeiro paso unha sostida subida polo val do río Fresnedo baixo unha masa forestal. Mais enriba, o camiño estreitase debaixo de Penas Cutias despois de pasar dúas pontes. Seguimos a nosa marcha cara a abertura do val pola marxe dereita do regato, sen coller desvíos a ningunha man e moi axiña encaramos a subida a braña de Gamonal. O val de novo estreitase e o camiño labrado na rocha vainos levando sempre subindo para acadar as brañas de Mayaín (1.180 m) polo medio da cal temos que pasar, e Caserón que nos queda a nosa esquerda do outro lado do rego. Dende esta posición xa vemos o Retriñón de fronte, pero non o seu cume porque queda escondido dende esta posición.

            Despois de dúas horas e pouco, chegamos a Fito Felguera (1.269 m), unha gran rocha con carteis indicativos e división dos concellos de Aller e Sobrescobio, onde remata a primeira subida da xornada.        

Para ir ao Retriñón collemos á dereita en dirección ao cimbro chamado Valencia (1.305 m) que da nome tamén á braña. Dende o cimbro, para subir ao Retriñón, debemos encararnos á pendente lomba buscando a mellor maneira de evitar os pedreiros e remontar cara ao cume que non veremos ata despois dun bo esforzo. Logo o itinerario tórnase mais suave e así conseguimos o cume desta modesta montaña que nos depara fermosa vistas cara a todos os puntos cardinais.

            Facemos a volta polo mesmo camiño ata chegar de novo ao Fito Felguera onde un dos carteis nos indica a dirección a Soto de Agues. Pasamos por detrás da pedra para seguir de momento un tramo horizontal por riba do faial para pasar por unha especie de brecha, Güeya Valsemana, que abre as vistas as praderías da braña Valsemana á que baixamos seguindo as trazas dun sendeiro.

            Este lugar e un dos puntos críticos, en canto a orientación, da ruta. Temos que baixar ata o remate da campa á dereita seguindo algún fito aparecendo o bosque e o sendeiro que axiña cruza o río conducíndonos á braña El Carrizal.       

            Aquí aparece outro lugar que pode darnos problemas de orientación. Debemos entrar na campa cara á dereita polo medio dos restos das cabanas buscando algún fito que nos leve ao sendeiro de novo no medio do bosque.

            O sendeiro baixa agora á Foz del Alba onde xira á dereita continuando sen perda ata a Cruz de los Ríos (800 m) onde enlazamos coa fermosa Ruta del Alba que nos leva, sempre xunto a este río, a Soto de Agues (440 m).