14 04 19 La Alberca - El Portillo - Las Batuecas

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA  VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: La Alberca (Salamanca)

PUNTO DE PARTIDA: La Alberca (1.060 m)

ACCESO: Dende Salamanca pola estrada SA – 210 que pasa por Tamames.

HORARIO: 5/6 horas                   DESNIVEL: Subida: 578 m / Baixada: 404 m                        

DISTANCIA:17 km             DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

MAPA: I.G.N. – 552 – I

SINOPSE: Esta rota discorre no Parque Natural de Las BatuecasSierra de Francia.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da Alberca (1-060 m) pola estrada SA – 201, avenida de Las Batuecas, ata que atopamos unha curva á esquerda nas aforas da localidade onde deixamos a estrada para seguir de fronte por unha pista en dirección suroeste que atravesa o monte. Logo de un quilómetro aproximadamente a pista cruza a estrada seguindo paralela á mesma ata o porto e El Portillo (1.252 m).

            Aquí temos que volver a cruzar a estrada para coller un sendeiro que segue a liña eléctrica que todo en baixada durante catro quilómetros e medio e logo de facer un montón de reviravoltas chega ata o mosteiro de Las Batuecas (600 m).

            Collemos un camiño á esquerda, antes de entrar no mosteiro que nos leva á beira do río Las Batuecas. Camiñamos polo abrigado val onde temos un paso que nos obriga a mollarnos ata os nocellos se o río baixa medrado. A auga baixa polas ladeiras en tempos de choiva por numerosos regatos facendo numerosas fervenzas e caídas de auga. 

            Seguimos remontando o río, sempre pegados a súa canle, a excepción dalgúns puntos onde ganamos altura para ver pinturas rupestres sinaladas no mapa. Segundo ganamos altura, as vistas do val son verdadeiramente fermosas, sobre todo dende o balcón que hai no Canchal Cabras Pintadas (640 m), onde temos as mellores panorámicas.

            O noso obxectivo é remontar o ría ata chegar ao Chorro de las Batuecas, situado a uns cinco quilómetros do mosteiro. Continuamos en suave ascenso para cruzar a canle do río onde podemos mollarnos ata os xeonllos, e tras atravesalo por segunda vez subimos pola ladeira da esquerda para coller altura na parte máis dura do recorrido. O camiño descorre entre pedras esvaradías para pouco despois escoitar o son do Chorro de las Batuecas (850 m) de enorme caudal en tempo de choivas, e logo dunha pequena subida damos vista a esta fermosa fervenza que forma unha poza na súa caída.

            O camiño de volta é o mesmo ata o mosteiro.