14 04 18 Miranda del Catañar - Mogarraz -La Alberca

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Miranda del Castañar, Villanueva del Conde, Mogarraz, Monforte de la Sierra e La Alberca (Salamanca).

PUNTO DE PARTIDA: Miranda del Castañar (630 m)

ACCESO: Dende Bejar pola SA – 220 ata coller a SA – 225 que pasa por Miranda del Castañar 

HORARIO: 5 horas              DESNIVÉIS: De subidas: 750 m / de baixadas: 380 m            

DISTANCIA:            16,5 km            DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                   

MAPA: I.G.N. – 552 – I – II

SINOPSE: Fermosa ruta de fácil andar por sendeiros e antigos camiños empedrados con vexetación de cerdeiras, algún viñedo e frondosos soutos. Pasa por Mogarraz que ben merece unha visita.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada sae dende o hotel Condado de Miranda. Temos que atravesar Miranda del Castañar en dirección oeste pasando xunto a ermida da Virxe da Costa. Chegamos a estrada SA – 225 pola que camiñamos un quilómetro e medio ata unha bifurcación (760 m)., onde collemos á esquerda unha pista en suave pendente ata un punto que a abandonamos para internarnos no monte, baixando ao encontro do rego Milanos de las Tisneras.

            Pasado o rego (673 m), atopamos unha pista pola que seguimos á esquerda que todo en subida nos leva a Mogarraz, lugar de gran interese pola súa arquitectura que ven merece unha visita.

            Cruzamos este lugar en dirección oeste para saír polo paseo de Las Canales polo cal camiñamos uns trescentos metros para abandonar a estrada e internarnos pola esquerda por un camiño que de novo nos levará ao regato de Milanos las Tisneras para entroncar coa estrada que vai a Monforte de la Sierra, pola que camiñamos ata dita poboación. Na entrada deste lugar collemos á esquerda unha rúa pola que cruzamos toda a poboación saíndo en dirección norte por un camiño que de novo nos vai levar ao encontro co rego Milanos de las Tisneras, polo menos outras dúas veces.

            O camiño segue cruzando a estrada onte temos un cruceiro, solo nos queda unha leve subida e xa todo en baixada chegamos a La Alberca.