14 03 14 Peña del Viento - Rapaína - Rapaona

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Puebla de Lillo (León) 

PUNTO DE PARTIDA: Ponte de Wamba (1.450 m)

ACCESO: Dende Oviedo pola autoestrada a León, collendo o desvío  pola AS-253, que vai ao porto de San Isidro e dous quilómetros máis aló temos o comezo da rota                

HORARIO: 4/5 horas            DESNIVEL: 800 m de subida / os mesmos de baixada   

DISTANCIA:13 km             DIFICULTADE: Media             TIPO DE RUTA: Circular        

MAPAS: I.G.N. – 79 – I – II – III –IV  

DESCRICIÓN DA RUTA: Preto do porto de San Isidro en dirección a Puebla de Lillo, temos unha ponte sobre do regato Gavitos, xunto a que sae unha pista en dirección norte que vai subindo suavemente á dereita do val de Wamba entre pradeiras.

Esta ruta que se supón de orixe romano, foi máis tarde aproveitada polos arrieiros que en ambos sentidos transportaban produtos das súas comarcas e que comunicaba a terra leonesa de Venta de San Isidro coa asturiana de La Felguerina.

            Tras un recanto, esta cómoda subida achéganos a un cimbro chamado Acebal que se atopa a 1.730 m de altitude despois de camiñar durante hora e cuarto. Esta zona é o límite entre as comunidades de Asturias e Castela -León.

            Para subir a Peña del Viento, neste lugar deberemos tomar un sendeiro que vira diagonalmente cara ao leste, subindo pola ladeira ata o Collado Agujas. Unha vez neste cimbro, temos que virar á esquerda subindo pola lomba ata o cume de Peña del Viento (2.000 m). dende a que podemos ver mirando ao sur o cercán Rapaína (2.019 m), e máis lonxe a estación invernal de San Isidro, mirando cara ao oeste temos o Pico Torres (2.100 m) e cara o norte a inconfundible e alargada pena de Tiatordos (1950 m.).

            Aos nosos pés esténdese parte do Parque Natural de Redes, cheo de frondosos faiales e variada fauna, tendo a braña de Valdevezón moi preto e xa un pouco máis lonxe Brañagallones, unha veiga que aparece entre o bosque, por riba dela o maxestoso pico de Cantu del Oso (1.800 m).

            Baixamos de novo ata o cimbro en dirección sur dirixíndonos cara ao pico Rapaína. Imos ganando altura remontando unha lomba onde pasamos un primeiro cume que deixamos à esquerda e camiñamos sobre a parte superior, menos pronunciada, ata a pena que sostén o buzón do pico Rapaína (2.019 m).

            As vistas tanto cara a Picos, como o sector de Ponga e sobre todo, cara á León. con o Mampodre incluído son espectaculares. Dende a Rapaína seguimos pola crista cara á Rapaona (1.957 m), cómoda de andar, pero para subir a este cume temos que por atención nun par de pasos sen máis complicacións.

            Para baixar podemos seguir polo cume ata coller a primeira canle  que monte abaixo nos leva ata Las Hazas seguindo un regato que desemboca no val. Tamén podemos seguir polo curuto ata a Molía para baixar  pola Laguna Negra e dende alí seguir o regato Las Hazas  ata o val, aquí seguimos pola dereita en dirección noroeste ata o regato de La Aliviada que cruzamos índonos á esquerda subindo unha pequena costa ata unhas praderías onde o sendeiro colle dirección suroeste, xiramos á dereita ata ver unha pista que se vai estreitando ata chegar as revoltas da antiga estrada e dende aquí á ponte de Wamba