14 02 16 La Mostayal

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

(Campo de Peñerudes – La Mostayal – Desfiladeiro de Les Xanes)

 SITUACIÓN: Morcín, Quirós e Santo Adriano (Asturias)

 PUNTO DE PARTIDA: El Campo de Peñerudes (465 m)

 ACCESO: Dende a autoestrada A – 66 OviedoLeón, saímos en Soto de Ribera para coller a MO – 5 que pasa por Argame e máis tarde xunto ao encoro de Afilorios.

 HORARIO: 5/6 horas            DESNIVÉIS: De subida: 984 m / de baixada: 1.200 m                      

 DISTANCIA:12 km             DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía                    

 MAPA: I.G.N. – 52 - II

 SINOPSE: Subir á montaña que remata a serra do Aramo polo norte é bastante sinxelo podendo ver incluso en tempo despexado a costa. Logo pasaremos por Pedroveya para seguir polo fermoso desfiladeiro de Les Xanes, o que fará un bo remate a esta ruta de puro sendeirismo.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Campo  (465 m) por camiño de formigón ata o casarío de La Voza (520m). Pasado este lugar seguimos cara aos estribamentos setentrionais de La Mostayal, agora por sendeiro. A ruta está sinalada con pintura polo que seguiremos as marcas un bo treito, superando distintas lombas onde se sitúan as campeiras de Llagu e Ordiales (850 m) de cabanas abandonadas con unha pequena lagoa. 

            Seguimos o camiño para encarar unha canle pedregosa ata un cimbro que fai entrada as campeiras de Vega del Campo e Vega de Cotina. Aquí existe unha fonte entre as cabanas espalladas polo entorno. Achegámonos agora ao lado oriental da serra por onde o sendeiro sobe cara a outro pequeno cimbro que nos sitúa na Vega de Piñera (1.050 m) onde destacan tres cabanas neste illado recuncho. O sendeiro segue monte arriba superando os derradeiros contrafortes para depositarnos no cume de La Mostayal, tamén chamada Pico La Vara.

            Baixamos polo mesmo camiño ata o cimbro da braña de Gameu (900 m) onde collemos unha pista de formigón que en forte baixada nos deposita en Pedroveya (560 m). Agora seguimos pola pista asfaltada que vai a La Rebollada ata a capela de Pedroveya onde nos desviamos á dereita para coller un camiño marcado que baixa polo desfiladeiro de Les Xanes.

            Atravesamos, primeiro, unha zona de prados e bosque con baixada por escaleiras, para pouco a pouco ir introducíndonos no propio desfiladeiro logo de cruzar o río por unha ponte de madeira.

            Seguimos o tramo do desfiladeiro coas debidas precaucións pois, nalgúns sitios, a altura é importante, pasando por sendeiro tallado na rocha e varios túneles ata que saímos a unha estrada asfaltada onde collemos á esquerda ata a área recreativa de Les Xanes