13 09 28 Camiño de Valdebaró

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS P.D.F. CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Camaleño (Cantabria) 

PUNTO DE PARTIDA: Cosgaya (720 m) 

ACCESO: Na estrada de PotesFuente De

HORARIO: 4 horas              DESNIVEL:                          DISTANCIA: 11,5 km      

DIFICULTADE: Baixa            TIPO DE RUTA: Travesía                     

MAPAS: I.G.N. – 56 – III – 81 – I 

SINOPSE: Aínda que esta camiño está artellado en tres etapas para ir dende Fuente ata Santo Toribio de Liébana con un total de 25 km, sempre próximos ao río Deva, faremos as dúas últimas, con a posibilidade de continuar a Potes e ao hotel en Ojedo

 

DESCRICIÓN DA RUTAEtapa 2: Cosgaya - Camaleño ( 6'5 Km, 1:30 h )

En Cosgaya percorremos o barrio de Areños, xunto a un hórreo, para conectar coa estrada (700 m) que sube a Treviño e, sen chegar a este pobo, desviámonos á esquerda por un camiño que en lixeira baixada nos leva de novo ata a estrada principal.

Chegado a Los Llanos, onde, no barrio de Bárcena, á dereita, podemos contemplar unha casa grande con peculiares escudos heráldicos, moi antigos. Deixamos a estrada á saída do lugar, subindo pola dereita unha cambera que logo baixa, entre abundantes aciñeiras, ata acadar a praza do mercado da capital do val, a poboación de Camaleño.(420 m).

Etapa 3: Camaleño - Santo Toribio ( 5 Km, 2 h. )

En Camaleño, volvemos a saír á estrada xeral, subindo uns metros por ela, ata o casa do concello, onde subimos á dereita por un camiño costo que logo conecta coa estrada de Tanarrio. Subimos por ela un curto tramo para abandonala pola dereita, baixando por un sendeiro. Neste punto conectamos coa rota procedente de Sotres por Áliva ( PR-S8 )(480 m). Entre frondosas aciñeiras, baixamos de novo ao val para chegar a San Pelayo (400 m), onde se atopa a antiga ermida do mesmo nome. Percorrendo o lugar pola beira esquerda do Deva, subimos a pasar a estrada de Lon, atravesando un piñeiral.

Tras una breve subida entre pradarías, o sendeiro baixa facendo reviravoltas ata unha praza xunto a unha grande aciñeira, chegamos a Beares (360 m). Pola esquerda pasamos o Deva, saíndo a unha área de lecer xunto á estrada de Fuente Dé. A atravesamos para subir por un camiño que logo nos leva a Congarna (380 m). Dende o centro do pobo hai dúas opcións para ir a Santo Toribio, a máis directa é a que vai cara a esquerda, entre aciñeiras e piñeiros ata a ermida de San Miguel (500 m) dende alí temos unha fermosa vista de Potes e os Picos de Europa, xa preto do mosteiro. A outra opción dende Congarna, é máis longa, pero descorre entre grandes castiñeiros e permite desviarse ata a Cueva Santa, situada na faldra do monte La Viorna, lugar que puido ser o retiro do monxe Santo Toribio. O destino é o mesmo, o mosteiro de Santo Toribio de Liébana (520 m).

 Dende este lugar seguiremos uns tres quilómetros máis ata chegar a Potes (280m)  capital da comarca de Liébana