13 09 28 Pico Cortés

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Camaleño (Cantabria)

PUNTO DE PARTIDA: Espinama (877 m)

ACCESO: Na estrada de PotesFuente De, a 21 km de Potes.

HORARIO: 8/9 horas                    DESNIVEL:    1.800 m de subidas / 2.200 m de baixadas                  

DISTANCIA: 21 km              DIFICULTADE: Alta             TIPO DE RUTA: Travesía                     

MAPAS: I.G.N. – 56 – III – 81 – I

SINOPSE: Aínda que esta ruta posúe bos camiños, a dificultade é alta debido ao desnivel tanto de subida como de baixada e a Canal de las Grajas de moi incómodo tránsito. Polo demais, a ruta pasa por fermosos bosques e lugares deparándonos o cume do Cortés fantásticas panorámicas do Macizo Oriental  é o Central.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza en Espinama (877 m) collendo unha pista que sae en dirección nordeste. A un quilómetro (950 m) deixamos a pista para coller un ramal pola esquerda que en dura subida pasa pola braña de Tobín e polos invernais de Igüedri (1.260 m) saíndo as campas de Áliva a través das Portillas del Boquerón (1.360 m).      

            Seguimos por bo camiño deixando un ramal á nosa dereita que vai á Peña de Oviedo e a diferentes aldeas de Valdebaró a través dos Puertos de Pembes.

Camiñamos agora pola zona de Campojito, onde existen restos prehistóricos, ata que chegamos a unha nova bifurcación (1.489 m) onde seguimos de fronte deixando un ramal á nosa esquerda. De seguida chegamos a capela de Nosa Señora das Neves quedando á nosa esquerda o hotel-refuxio de Áliva e a Casa Real.

Temos agora un tramo en chan quedando á nosa dereita as Cumbres Avenas e o Collado de Cámara, sitio polo que volveremos ao regreso. Deixamos agora a pista e vamos campo a través pola Cuesta Contes en busca do comezo do Canal de las Grajas.

Esta incómoda canle, debido ao enorme canchal, vainos subindo escollendo os mellores pasos ata o cimbro (2.217 m) onde primeiro visitaremos o pico Cortés (2.373 m) e logo de volta por dito cimbro tamén nos podemos aproximar ao Prao Cortés (2.288 m).      

Logo de volta no cimbro baixamos pola mesma canle e sen chegar á pista camiñamos polas abas do pico Pozán e Jiso para coller xa ben enriba o Collado de Cámara (1.706 m).

A baixada facémola pola seguindo o sendeiro, no seu comezo en chan ata o cimbro de Fuente Parida onde comezamos un frenético descenso deixando á nosa dereita os Coteros de los Placeres de Arriba e Abaixo.

Logo baixamos polo medio do Monte Pedroga. Aquí comezan un montón de esvaróns por parte da xente aínda que estaba seco, non quero pensar o que pasaría si estivera mollado. Baixamos buscando non quedar colgados das numerosas rochas que existen facendo numerosos zigzags pola forte pendente deste monte.

Máis abaixo atopamos un sendeiro que nos leva a cruzar o regato Piedras Negras por debaixo das penas do mesmo nome. Seguimos a carón do rego por sendeiro ata que se converte nun bo camiño. Deixamos á nosa esquerda a casa de Encimadevalle e a capela de San Facundo chegando así a aldea de Tanarrio.

Dende aquí a Camaleño baixamos pola estrada, os corpos xa non están para máis aventuras.