13 07 21 Amieva - Pico Priniello - Puente Dobra
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Amieva (Asturias)
PUNTO DE PARTIDA: San Juan de Amieva (580 m)
ACCESO: Pola estrada N – 625 (Cangas de Onís – Riaño). A altura de Ceneya collemos a estrada que sobe a Amieva .
HORARIO: 5/6 horas DESNIVÉIS: 650 m de subida/ 1.150 m de baixada
DISTANCIA:19 km DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. – 55 – I
SINOPSE: Ruta sinxela por camiños históricos pero de fácil andar onde o máximo esforzo realízase na subida ao pico Priniello que, por outra banda, nos sorprende polas vistas do Macizo Occidental e a garganta do río Dobra.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da parte baixa de Amieva cruzando ata a parte superior do lugar seguindo un camiño que nos leva sen problemas ao Collado de Amieva (800 m) onde enlazamos coa pista que vai a San Román.
Dende o cimbro, xiramos ao norte comezando a propia ascensión pola ladeira sur do Priniello, cara a unhas covas situadas baixo o cume. Pasadas as covas, continuamos subindo cara ao leste para remontar un primeiro cimbro que existe entre a ladeira principal do Priniello e un pequeno outeiro. Continuamos de fronte ata chegar as praderías de Seorio, rodeada de espiños albares. Seguimos un pouco máis ata un paso entre rochas atopando algún fito que nos leva ao Collado Timarro (1.079 m) .
Cambiamos de rumbo ao oeste, subindo certo desnivel para empoleirarnos no cume do Priniello (1.230 m). Temos unhas vistas impresionantes sobre o río Dobra, onde o río baixa encaixado entre rochas de difícil acceso que forman a serra de Covadonga e a serra de Amieva. Tamén temos vistas sobre Peña Santa, Cotalba, Torre de la Canal Vaquera, La Torrezuela, As Garitas, El Camperón e moitos máis cumes do Cornión.
Retomamos o camiño cara ao suroeste en dirección ao cimbro Parriello (1.070 m) dende o cal vemos o Collado de Amieva ao que temos que baixar, primeiro monte a través ata chegar a unhas praderías nas que hai unha parede de pedra e logo por sendeiro a carón dun muro de pedra que nos leva ata unha cerca de madeira e arames de espiños, chegando así ao Collado de Amieva ou de San Román (800 m).
De novo na pista, tiramos en dirección a San Román (660 m) dende onde seguiremos por estrada. Despois de pasar por debaixo do tendido eléctrico, á altura dunha pedra moi característica, abandonamos a estrada por unha pista que sae pola dereita. Esta pista lévanos ao cimbro de Soñín, coa vista do seu característico pico El Castiello. Continuamos baixando ata un cruce, Viga del Carro, onde collemos a pista da dereita que nos leva o val de Cueries (549 m), Á entrada do val existe unha cancela que di propiedade privada, uso exclusivo de propietarios. Esta prohibición é para vehículos polo que seguimos pola pista que, tras pasar polo cimbro de San Martín e as cabanas de Jondreyu, remontando un último cimbro chegamos á aldea de Vis (549 m).
O chamado Camino del Valle, polo que chegamos a Vis, amósanos unhas vistas impresionantes do derradeiro tramo da garganta do Dobra, da Hoya de San Vicente, o monte Valdimiera e o río Vera.
En Vis collemos un camiño que sen ningunha complicación nos deposita en Puente Dobra, que aínda se conserva intacto cunha estrutura parecida á ponte de Cangas de Onís.
Dende este lugar, seguindo pola marxe dereita do río, a uns tres quilómetros temos a Hoya de San Vicente, lugar paradisíaco onde a xente máis forte pode darse un baño nas frías augas do Dobra.