13 03 30 Valle de Yera - Valle de Aján
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Vega de Pas (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Estación de Yera (600 m)
ACCESO: Dende a A – 8, á altura de Vargas, collemos a estrada N – 623 que vai ao porto de El Escudo. Logo en Entrambasmestas xiramos á esquerda en dirección e Vega de Pas e o porto de Las Estacas de Trueba. No quilómetro 33, collemos unha pista con mal firme que sae pola dereita ata a estación de Yera.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 70 m de subida / 310 m de baixada
DISTANCIA: 9,5 km DIFICULTADE: Baxia TIPO DE RUTA: Travesía
MAPA: I.G.N. - 84 - I
SINOPSE: Esta camiñada parte dun fermoso entorno seguindo a liña de ferrocarril que nunca se rematou ata a boca norte do túnel de La Engaña. Logo dende aquí a ruta percorre fermosos montes de faias baixando sempre preto do río Aján que logo de xuntarse con o Yera forman o río Pas. Numerosas fervenzas e cabanas de pastores acompañarannos neste fácil recorrido.
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos da estación en ruínas de Yera (600 m) seguindo a liña de ferrocarril. Por riba da estación sitúase o monte de El Landaruz é por abaixo as brañas de Portía e La Flecha. Camiñamos sen desnivel ningún para pasar o primeiro túnel, El Morrito de 60 m. de longo. En seguida temos o segundo túnel chamado El Morro, este de 260 m que pasamos sen ningún tipo de iluminación, para ir virando cara ao sur dando vista ao val de Aján. Pasamos o túnel de El Empeñadiro para chegar ao Arroyón de la Verde, lugar onde se depositaron os escombros dos túneles. Quédanos outro pequeno túnel, El Majoral 280 m, e xa damos vista ao máis longo do percorrido pero que non teremos que pasar. É o túnel de La Engaña de 6.970 m que da paso á provincia de Burgos.
Xusto na entrada de este túnel, xunto as ruínas da central hidroeléctrica, parte un camiño que se interna no bosque de El Churingral, lugar onde nace o río Aján. Seguimos pola frondosidade do monte para baixar cara ao río preto das cabanas de Las Tirnias. O río fai numerosas fervenzas tendo unha das máis fermosas fronte as cabanas de Vega Las Gubias.
O camiño segue sempre preto do río Aján pasando xunto as cabanas de Vía Redonda e El Lastrón situadas nunha paraxe de grande fermosura. Máis abaixo, no lugar de El Avellanal, os ríos Yera e Aján xúntanse formando o río Pas.
As fervenzas que vamos atopando son innumerables, sempre entre arboradas propias de ribeira. De seguida pasamos as cabanas de La Maya e Arejos cruzando logo, o río por unha ponte de pedra.
Aparece no camiño a casa rural de El Molino, fermosa e ben restaurada e un pouco máis adiante, collemos un camiño que nos sobe á estrada, á altura de Sel de La Canal, onde nos agarda o autobús.