13 03 29 La Espina del Gallego - Monte Cildá
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF CASTELÁN |
SITUACIÓN: Corvera de Toranzo, Anievas e Arenas de Iguña (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Alto del Portillón (579 m)
ACCESO: Pola estrada CA – 271 que une San Vicente de Toranzo con Arenas de Iguña.
HORARIO: 5/6 horas DESNIVEL: 485 m DISTANCIA: 14 km
DIFICULTADE: Media TIPO DE RUTA: Ida e volta
MAPAS: I.G.N. – 58 – IV – 83 – II
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos do Alto del Portillón (579 m) xunto a unha plantación de cipreses cara ao sur por unha ancha pista construída para a construción do depósito de auga de Santander.
A pista sobe cara a o cume de El Cotorral (697 m), ocupado por unha torre de alta tensión, deixando á dereita unhas rodeiras que percorren a ladeira oeste sobre o val de Iguña, uns metros por debaixo da liña de cumes.
O camiño non ten perda algunha, logo de sobordar unha mesa con bancos, baixamos uns metros para volver a coller un duro repeito e acadar La Pirizuela (814 m). A pista, agora, baixa rapidamente do cimbro de Cruza Caminos (717 m), onde divisamos unha pequena cabana á esquerda, tendo un pouco despois un camiño que sobe dende o val de Toranzo. Superamos os últimos metros de pista para chegar ao Depósito de Bifurcación, onde remata a pista.
Para subir á zona arqueolóxica de La Espina del Gallego, rodeamos pola esquerda o primeiro depósito para enlazar co trazo en zigzag da antiga calzada que en pouco tempo nos inza á Espina del Gallego (968 m). Entre grandes bloques de pedra, restos do castro pre – romano, podemos ollar algunhas escavacións realizadas por arqueólogos.
Dende este lugar proseguimos polo camiño que vai pola liña de cumes ata chegar ao monte Cildá (1064 m), recoñecible polo repetidor de televisión, un vertixe xeodésico e un pequeno refuxio.
As extensas vistas sobre os vales de Toranzo e Iguña, con a cidade de Santander ao noroeste son espléndidas.
Logo, a volta podemos facela polo mesmo camiño ou alongar a excursión baixando a pé ata o val de Toranzo.