13 10 20 Pico Recuencu - Collau Zorru - Monte de Peloño

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: Ponga (Asturias) 

PUNTO DE PARTIDA: Les Bedules (1.120 m) 

ACCESO: A Les Bedules chégase dende a estrada que une Beleño con Puente Vidosa. No lugar de El Cabañón, (km 9 da estrada PO – 2) sae unha pista de formigón que sobe a dita braña. Tamén se pode comezar na Collada Llomena engadindo uns 40 minutos ao percorrido.

HORARIO: 5/6 h                           DESNIVEL: 1.230 m de subidas / 1.230 m de baixadas                          

DISTANCIA: 18 km            DIFICULTADE: Media                 TIPO DE RUTA: Circular                     

MAPAS: I.G.N. – 55 – III – 80 – I

SINOPSEO bosque de Peloño está situado na ladeira norte da Cordilleira Cantábrica, no concello de Ponga e separado polo río Sella do Parque Nacional dePicos de Europa. Este monte é un dos recunchos máis fermosos que se poden visitar en Asturias. Un faial de máis de 1.500 hectáreas moi ben conservado, ademais das paisaxes fantásticas que nos rodean, incluso antes de mergullarnos no bosque.

            Si a todo isto engadimos as vistas dende as atalaias do Recuencu e Collau Zorru dará como resultado unha actividade moi difícil de esquecer.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada comeza en Les Bedules (1.120 m) onde collemos un sendeiro xunto a fonte con bebedeiro que, sobordando o Prau Toru sobe polos Biforcos ata a braña de Les Campes (1.320 m).

            Aquí collemos un dos diferentes sendeiros que percorren en sentido horizontal cara ao oeste as lenes campeiras da braña de Les Caldes, saíndo ao remate ao cimbro do mesmo nome (1.397 m), xusto na base do pico Recuencu.

            Podemos seguir arrodeando a montaña ata o cimbro de Pandielles (1.440 m) onde collemos unha ampla canle que sobe directamente ao cume do Recuencu (1.648 m). Baixamos polo mesmo camiño ata o cimbro de Les Caldes dende o cal seguimos en dirección leste por un sendeiro que nos introduce no monte de Los Cepos. Na saída do monte está o cimbro Pumarín (1.512 m) situado xusto debaixo da cara norte do pico Luengo (1.729 m), traspasando o seu esporón sureste, onde viramos cara ao oeste chegando así á base do Valle Antiguo.

            Sólo nos queda remontar a pendente campa que sobe ata o mesmo cume, aínda que o normal é subir pola dereita ata o cimbro Barboli (1.730 m) que separa o Luengo do Collau Zorru. Logo, mirando ao sur, remontamos o derradeiro tramo ata o cume do Collau Zorru (1.841 m).

            Dende esta atalaia podemos ver os cumes Maciédome, Tiatordos, Peña Ten e Pileñes, o macizo do Mampodre e moitos cumes do Macizo Occidental de Picos de Europa onde destaca Peña Santa.

           Volvemos polo mesmo camiño ata situarnos enriba do Valle Antiguo polo que baixamos cara a unhas cabanas derruídas. Internámonos polo faial abaixo ata atopar o camiño que facendo varias reviravoltas nos deixa na ancha pista do monte de Peloño.

            Esta pista sobe ata o val de Arcenorio pero nós temos que collela cara á esquerda. Pasamos por Collado Granceno (1.194 m) onde parten outros camiños que van a Sen de los Mulos ou a Viboli, pero sempre seguiremos a pista principal.

            Máis adiante temos outro cruce de camiños que van a Peña Salón ou á braña Les Caldes. Dende aquí xa queda pouco para Les Bedules