13 08 18 Río Belelle

 

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF CASTELÁN

 

SITUACIÓN: A Capela, Fene e Neda (A Coruña)

 

PUNTO DE PARTIDA: As Neves (390 m)

 

ACCESO: Pola estrada AC – 564 que vai de Pontes de García Rodríguez a Ares

 

HORARIO: 4/5 horas            DESNIVEL: 180 m de subida / 550 m de baixada                     

 

DISTANCIA:            15 km             DIFICULTADE: Baixa  TIPO DE RUTA: Travesía                    

 

MAPA: I.G.N. – 22 – I

 

SINOPSE: O río Belelle nace no Barranco da Cernada, no lugar de San Martiño de Goente (As Pontes). Percorre os concellos de A Capela, Fene e Neda, desembocando na ría de Ferrol. Agocha zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica, tendo a súa máis grande expresión na fervenza de máis de corenta metros de altura.

 

DESCRICIÓN DA RUTA: A camiñada de hoxe comparte terreo mixto de asfalto e terra. Saímos de As Neves, collendo a estrada que vai a Vilar de Mouros. De seguida temos que coller un desvío á dereita que pasa polo lugar de Os Covos e atravesa o Belelle pasando o lugar de A Barbela onde deixamos a pista collendo un ramal á man esquerda que nos achega ao río.

            Máis adiante pasamos a confluencia do rego da Graña no lugar de O Machuco tendo que pasar un pequeno tramo por  estrada asfaltada xunto á ponte de Cabalar. O camiño segue pola marxe dereita do río ata a Ponte Grande onde retomamos o asfalto camiñando polo lugar de Formariz, baixando logo a central de Cabalar.

            De novo camiñamos pola beira do río atopando un muíño, logo do cal, seguimos por pista asfaltada no lugar de A Ribeira. Pasamos outro muíño que da paso á presa da central de A Fervenza. Seguimos a canle ata a cámara de carga onde temos unha forte pendente en baixada ata a central. Aquí temos un sendeiro que sobe a famosa Fervenza do Belelle.

            Logo da obrigada visita á fervenza proseguimos a camiñada río abaixo atopándonos con dous muíños antes de chegar a O Roxal