07 09 16 El Cable-La Padierna -Cordiñanes (Camaleño)Cantabreia (Valdeón) Leon
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa – Camaleño (Cantabria) Valdeón (León).
PUNTO DE PARTIDA: Estación superior do teleférico de Fuente De. (El Cable)
ACCESO: A Fuente De chégase pola estrada CA - 185 que sae de Unquera en dirección a Potes. No remate de dita estrada atópase o nacemento do río Deva (Fuente De).
HORARIO: 6/7 horas DESNIVEL: 500 m. DISTANCIA: 15 km.
DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Travesía
MAPAS: I.G.N. – 55 – IV – 80 – II – 81 – I – Macizo Central e Oriental de Picos de Europa de Miguel Angel Adrados
SINOPSE: Esta é unha das travesías que percorren o Macizo Central de leste a oeste de forma sinxela. A comodidade do trazado e o paso polas veigas de Liordes e La Sotín súmennos nun mundo no que, a escasa herba atopa acomodo no intricado terreo calcário que nos rodeará durante toda a excursión. O cume de La Padiorna ou Padierna, denominacións cántabra e leonesa, é unha das de máis fácil acceso dentro do Macizo Central de Picos de Europa, e amosaranos fermosas vistas da Vega de Liordes, que forma un auténtico oasis de verdor dentro deste mundo de calcaria no que está situada.
Outras formas de acadar o cume da Padierna consisten en prescindir do teleférico e subir aos Hoyos de Lloroza pola canal de La Jenduda ou ben polo camiño dos Tornos que leva a veiga de Liordes superando un desnivel, en ambos casos, de 1.240 m.
DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos da estación superior do teleférico de Fuente De, tamén coñecido como El Cable (1.834 m.) en dirección noroeste seguindo a pista que vai cara a Horcadina de Covarobres saíndo dela nunha pronunciada curva, onde xiramos en dirección oeste, baixando de forma directa aos Hoyos de Lloroza. Camiñamos nesa dirección ata o comezo da Canal de San Luís, que inicialmente pasa entre o Pico de la Padierna e a Torre de Altáiz. Algúns zigzags facilítannos remontar unha inclinada costa, dende a que se camiña en dirección sur sudoeste cara a ampla Colladina de las Nieves (2.224 m.), popular paso que se abre a dereita da Padierna (2.314 m.); cume que se acada rapidamente subindo dende o cimbro pola suave lomba en dirección sur.
De novo no cimbro, comezamos a baixada cara ao oeste, sempre por riba da larga e vertical franxa rochosa que parte do pico da Padierna e chega a Collado Jermoso. Vamos en busca dun paso que rompa a verticalidade da muralla e nos permita baixar a Vega de Liordes.
Pasada unha aresta rochosa que ven do norte, que deixamos a dereita, chegamos a un lugar con abundantes bloques do que parte un sendeiro en dirección nornoreste, cara a Horcada dos Tiros de Casares, aínda que nosoutros temos que ir para a esquerda, sorteando algúns pequenos joyos, para chegar a un lugar, cortado polo sur sudoeste, onde se enlaza co camiño que vai ao refuxio de Collado Jermoso
Comezamos a baixar cara a esquerda polo sedo da Padierna, seguindo un sendeiro que con algúns zigzags nos leva a unha ladeira pola que chegamos ao verde Collado de la Padierna (1.971 m.).
Baixamos agora seguindo ao sudoeste, encaixados nunha canle que vai deixando por riba de nosoutros, e a dereita, a larga franxa rochosa citada anteriormente. Algo máis abaixo, á dereita, temos o Llagu Bajero. A canle estreitase entre rochas, quedándonos, tamén a dereita, a característica Aguja de la Señora del Tío Toribio, e a esquerda, os largos esporóns que baixan da cara norte da Torre del Friero. Chegamos a fermosa veiga de La Sotín, onde a pradería está sementada de bloques de pedra. Recorremos a veiga ata o final para chegar ao faial de La Sotín, no que seguimos o sendeiro que acaba orientándose en dirección oeste para saír do mesmo pola parede de rocha da esquerda. Avanzamos pola senda, xa libre de alta vexetación, ata chegar a un cimbro, enfronte da Pica del Castro. O camiño chamado La Rienda de Asotín, agora tallado na rocha, xira cara ao sur, ata chegar a uns zigzags que nos permiten saír do entorno rochoso, alcanzando desta maneira unha pista que conduce a Cordiñanes (860 m.).
No nos vai quedar máis remedio que seguir por asfalto dous quilómetros e medio, ata Posada de Valdeón, pois o autobús non chega a Cordiñanes.