07 04 07 Tejeda de Tosande (Dehesa de Montejo) Palencia

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN:  Dehesa de Montejo e Cervera de Pisuerga (Palencia)

PUNTO DE PARTIDA: Dehesa de Montejo

ACCESO: Dende Cervera de Pisuerga pola estrada C – 626 ata Dehesa de Montejo

HORARIO: 5/6 horas                     DESNIVEL: 500 m.                         DISTANCIA: 16 km.

DIFICULTADE: Baixa                      TIPO DE ROTA: Ida e volta                MAPA: I.G.N. – 106 IV

SINOPSE: O teixo e unha árbore de por si escasa de forma natural. Na Montaña Palentina atópase disperso i é rara a ocasión na que se atopan varios exemplares xuntos. Si xa é raro atopar teixedais, máis raro é aínda atopar exemplares coa talla e porte dos teixos de Tosande, algún deles acada diámetros de 1,5 m. Por todo isto, a Tejeda está considerada como unha reliquia da era terciaria, unha verdadeira xoia botánica merecedora dos esforzos e atencións necesarios para a súa conservación.

            A rexeneración da especie en Tosande vese dificultada pola abundancia de grandes herbívoros salvaxes, que comen os brotes tenros e as ramas das plantas xóvenes. Por isto, anque algúns anos nacen plantas en abundancia, moi poucas chegan a converterse en árbores maduros. As praderías no val de Tosande están divididas entre catro lugares: Dehesa de Montejo, Ruesga, Ventanilla e San Martín de los Herreros. Antigamente reuníanse aquí os rabaños de todos estes lugares aos que se engadía no verán as merinas procedentes de Extremadura.

                                                                      

DESCRICIÓN DA ROTA: Dende Dehesa de Montejo sae unha pista que cruza a C – 626 a altura do km. 2. Dende a estrada vese, en toda a súa amplitude, o val de Tosande, un fondo taxo verde aberto entre os cumes calizos do Macizo de La Peña. Despois de pasar unha zoa de campos de cultivos a pista métese unha pequena carballeira, tras pasar unha portiña metálica que zarra o paso. O camiño baixa, buscando o val, e aparecen os primeiros afloramentos de rocha caliza entre os que medran aciñeiras e rebolos. O val vaise cerrando nunha estreita garganta na que o camiño, de firme rochoso, transcorre escoltado por vexetación de aciñeiras, carballos e breixos que ocupan as ladeiras de Peña Oracada a esquerda e Cruces a dereita.

            Ao remate da garganta, o val ensánchase, onde un circo de cumes calizas rodea as praderías que ocupan o fondo. Na ladeira de Peña Oracada, a nosa esquerda, ábrese un pequeno val no que se asenta un espeso faial. A Tejeda atópase na beira superior do bosque. No límite do faial coa pradería atopamos un sendeiro, moi marcado polos numerosos visitantes, que nos levará sen dificultades ata os teixos.

            Logo de visitar a Tejeda, quen queira pode baixar de novo ao val e seguir cara ao cimbro de Tosande, para o que teremos que acometer unha subida nin moi larga nin moi dura.

            Para atopar o sendeiro de subida temos que dirixirnos cara a un estreito desfiladeiro polo cal transcorre o camiño ben marcado, ata que o desfiladeiro se bifurca. Collemos o val da nosa esquerda e como referencia visual temos un chamativo pico calizo a maneira de corno de rocha moi aguzado, cara ao cal diriximos os nosos pasos. Rodeamos o corno pola mesma dereita en busca do remate do cimbro de Tosande que se atopa a uns 700 m. do corno, nunha ascensión con lixeira pendente. A panorámica que se abre diante de nós e espectacular.

            Dende o cimbro emprendemos o camiño de volta a media ladeira do alto de Burrián, sen sendeiro claro a seguir. Temos de referencia o cimbro da braña dos Tejos, polo cal pasaremos. Superado este cimbro, a seguinte referencia será o propio val de Tosande en dirección a Peña Celada, perdendo altura pouco a pouco ata acadar os prados do val, enlazando así co camiño de ida.