08 06 28 Torre Salinas (Valdeón) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Valdeón (León)
PUNTO DE PARTIDA: Puerto de Pandetrave
ACCESO: Dende Posada de Valdeón pola LE – 243 que comunica a comarca de Valdeón con terras de La Reina.
HORARIO: 4 h. (solo ida) DESNIVEL: 880 m. DISTANCIA: 7,5 km.
DIFICULTADE: Media TIPO DE ROTA: Ida e volta MAPAS: I.G.N. – 80 – II – 81 – I
SINOPSE: A Torre de Salinas é unha destacada montaña dentro da serranía das Peñas Cifuentes, ao sur do Parque Nacional de Picos de Europa. Pola súa altitude é a segunda, solo superada pola Torre del Hoyo de Liordes (2.474 m.), sendo conquistada por primeira vez o 28 de xullo de1.853 polo enxeñeiro de minas Casiano de Prado.
DESCRICIÓN DA ROTA: Dende o aparcadoiro do porto de Pandetrave (1.566 m.), xunto a un panel indicador do sendeiro PR – PNPE – 15, collemos a pista de terra no quilómetro 10,5 da estrada de Pandetrave que emprende unha sostida remontada cara ao norte. Avanzamos por camiño sinalizado cruzando polos lugares da fonte El Cervero e polos pastizais de La Joya del Oso, coa súa típica choza de merinas e o Hoyo Peloso.
A marcha continua ata os estribamentos dos Picos de Europa con boas asomadas a Valdeón e as montañas do entorno. Alcanzamos a Horcada de Valcavao (1.789 m.) despois de recorrer 4,4 km., onde temos unha encrucillada de camiños de Fuente De, por onde baixa a dereita o sendeiro marcado, que nosoutros eludimos seguindo de fronte por unha pista que faldrea con pouco desnivel pola vertente occidental dos altos de Valdeón para baixar lixeiramente a campeira do Collado Valdeón (1.779 m.) (5,1 km.).
Polo sendeiro de aproximación ao Sedo de Remoña xiramos a dereita baixo as paredes da canle pasando a beira da fonte de Pedavejo, que nos queda baixo o sendeiro. Despois seguimos pola graveira da canle, que remontamos pouco a pouco polo sendeiro que se debuxa entre a Torre de Salinas e a Peña La Regaliz, ata coroar o Collado de Remoña polo Alto de La Canal (2.030 m.) (6,4 km.).
Dirixímonos cara a esquerda por un perceptible sendeiro que vai entre pedras erráticas ata arrimarnos a base da Torre de Salinas. Dende alí acometemos a subida por unha ampla canle orientada ao leste que máis adiante supera unha estreitura para despois seguir en diagonal a esquerda por unha ampla ladeira que remata na crista cimeira. O cume quédanos máis ao oeste e camiñamos cara alí sen dificultade (2.446 m.) (7,5 km.).