08 09 07 De Caín a Vega de Sotres (Valdeón) León (Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Valdeón (León) Cabrales (Asturias)

PUNTO DE PARTIDA: Caín

ACCESO: Pola estrada que sube dende Cangas de Onís ao porto de Pontón, logo aquí collemos a esquerda polo porto de Panderruedas a Posada de Valdeón e Caín.

HORARIO: 10/12 horas                    DESNIVÉIS: 2.300 m. de subida – 1.705 m. de baixada.                          

DISTANCIA: 25 km.                          DIFICULTADE: Moi alta        TIPO DE ROTA: Travesía               

MAPAS: 55 – IV – 56 – III

SINOPSE: Posiblemente, unha das actividades máis duras das que se poidan levar a cabo en Picos de Europa. Saír das entrañas do Cares e remontar 2.300 m. ao longo de 25 km. non é ningunha broma. Aderezado pola fermosa Canal de Dobresengros e a grandeza do Hoyo Grande, onde se dan cita nada menos que 10 dos 14 cumes que sobrepasan os 2.600 m. de altitude.

            Máis adiante, o amplo rodeo que se fai ao Urriellu e os cumes máis pretos como a Morra, Los Campanarios e Tiro Navarro, permitiranos gozar dunha completa visión das verticais paredes do “Picu” nos seus catro puntos cardinais.

 

DESCRICIÓN DA ROTA: En Caín (460 m.) collemos a estrada que vai a Posada de Valdeón, cruzando o Cares por La Puente Grande. Tomamos a senda que baixa entre as cabanas do Puntial, deixando agora o Cares a esquerda ata que nos atopamos, algo máis adiante, unha desviación que sobe a dereita, por sendeiro trazado na pedreira. Máis arriba, despois de pasar dúas franxas herbosas, nada máis saír da segunda collemos unha nova desviación a dereita na mesma pedreira. O sendeiro comeza a ganar altura, sendo o prólogo do que nos espera nesta xornada. Despois dunha revolta, vai cara a dereita dun pequeno risco, por onde pasa buscando un canalón de momento oculto aos nosos ollos. Comezamos a subir polo Sedo Mabro seguindo unha atrevida senda que nos conduce a un cimbro deste cordal. Do outro lado, o sendeiro vai a media ladeira cara ao SE. pola parte alta da Canal de Dobresengros, deixando máis abaixo, a nosa esquerda o regato de Casiellas.

            Chegamos desta maneira ao entronque do camiño que ven dende a senda do Cares, polo fondo da canle. Seguimos por ela atopando, despois dunha notable subida, a fonte do Torno, que da paso ao cimbro do mesmo nome. Sempre cara ao SE, camiñamos ao encontro do rego, que cruzamos pola zoa de Las Piperas. Acompañámolo ata o seu nacemento, debaixo dunha parede que atoa o fondo da canle, que se vai encaixando nesta zoa.

            Temos a saída a nosa dereita, entrando nunha canle bastante pendente con vexetación, onde un sendeiro nos irá sacando deste angosto paraxe. No Canalón, como se coñece este tramo, aínda se conservan os restos dunha armadura feita con troncos do faial de Los Quemaos, que se atopa neste lugar.

            Unha vez enriba, situados na parte dereita, segundo subimos, da Canal de Dobresengros, continuamos o largo ascenso con dúas posibilidades: cara ao SSE, ou índonos lixeiramente a esquerda (E), alcanzando unha lomba na que se atopa a Fuente Fría. Neste segundo caso, despois da seguinte lomba iremos cara a nosa dereita, proseguindo logo por unha sucesión de pequenos buratos e resaltes rochosos. Estes levarannos ata un corto tramo cara ao este que da paso ao Hoyo Grande Bajero, polo que camiñaremos cara ao sur.

            Pasamos os primeiros resaltes rochosos situados a nosa esquerda, e continuamos cara ao ESE para situarnos entre o Hoyo Grande Bajero  e o Cimero, máis ou menos na liña divisoria entre a Torre de Coello e El Picón. Seguimos pola ladeira esquerda gañando altura ata a Horcada de Caín ( 2.344 m.).

            Dende a Horcada de Caín seguimos rumbo NE cara ao sendeiro que vai dende Horcados Rojos a Vega de Hurriellu, enlazando con este no lugar de Jou Sin Tierre. Seguimos este sendeiro que nos leva a Garganta del Jou Sin Tierre (2.082 m.). Dende este lugar temos unha impresionante vista do Picu Urriellu. Baixamos a Vega de Urriellu  despois de recorrer un corto calexón cara ao SE.

            O refuxio da Vega de Urriellu (1.953 m.) atópase situado ao pé da vertente occidental do Picu Urriellu, que presenta unha das murallas máis verticais e compactas de Picos de Europa.

            Despois dun merecido descanso, proseguimos a marcha bordeando pola dereita o Picu Urriellu, subindo así pola Canal de la Celada. Cruzamos o Jou Tras El Picu polo lado esquerdo para chegar a Collada Bonita (2.382 m.) que da paso ao Hoyacón de Villasobrada. Baixamos ao Jou Sin Tierra, onde a saída do mesmo atopamos unha senda que nos levará , sempre na mesma dirección, a braña de Fresnedal (1.310 m.), lugar onde se xunta o camiño co que baixa pola canle do mesmo nome. Un tramo con varios zigzags, agora cara ao leste, permítenos perder altura, tendo que cruzar un pouco máis adiante o rego de Camburero que se une ao das Moñetas e que deixaremos sempre a nosa dereita.

            Sen máis problemas, chegamos a parte máis meridional das Vegas del Toro ou de Sotres (1.067 m.) onde remata a camiñada do día de hoxe.