01 06 17 FUENTE DE – TORRE DE HORCADOS ROJOS (Camaleño) Cantabria
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
SITUACIÓN: Camaleño (Cantabria)
PUNTO DE PARTIDA: Fuente Dé (1.078 m)
ACCESO: Na estrada N-634, en Unquera, desviámonos a Potes e Fuente Dé
HORARIO: 8/9 h DESNIVEL: 1.428 m DISTANCIA:16 km
DIFICULTADE: Alta TIPO DE RUTA: Ida e volta MAPAS: I.G.N. – 81 – I – 56 – III
DESCRICIÓN DA RUTA: Saímos de Fuente Dé adentrándonos por uns lameiros logo de pasar unha portiña a esquerda do Parador Nacional. De seguido tomamos contacto cunha pista que seguimos e na primeira curva á esquerda, abandonámola para seguir por unha corredoira que atravesa toda a pendente cara dereita. O camiño revólvese nos primeiros derrubes da rocha entrando á esquerda nunha zona menos pendente ocupada en parte por un pedreiro que cae da Canal de Jenduda. Esta canle é unha fisura que corta verticalmente o centro da muralla mais alta do circo de Fuente Dé. Unha vez que estamos nos Hoyos de Lloroza dirixímonos á dereita ao encontro da pista que ven do Mirador del Cable.
No Mirador del Cable tomamos unha pista que sae da estación do teleférico con dirección Norte ate o lugar chamado Horcadina de Covarrobres, alí a pista bifúrcase e mentres un ramal colle á dereita cara Áliva, nosoutros collemos á esquerda cara o interior do macizo atravesando uns pedreiros que caen das paredes de Peña Olvidada ata chegar ao punto onde a pista fai unha volta cerrada ao lado dunha pena. Abandonamos a pista para seguir de fronte cara ao norte por un sendeiro ben marcado que atravesa os pedreiros de Peña Vieja. Vamos ganando altura en varios zigzags ata situarnos debaixo da Aguja de Bustamante. Debaixo deste afiado penedo temos outro cruce de camiños, o da dereita diríxese cara ó Collado de La Canalona, que vai a Peña Vieja mentres que o da esquerda é o que nos leva cara a Horcados Rojos, atravesamos unha pequena depresión que se abre na base da espectacular parede sur da Torre de los Horcados Rojos, situados na vertente oposta.
Antes de iniciar a subida ate ao cimbro, pasamos preto de Cabaña Verónica, refuxio situado nun dos paraxes mais agrestes dos Urrieles.
Dende o Collado de los Horcados Rojos podemos contemplar nunha excelente vista do Picu Urriellu e outros cumios da vertente norte do macizo.
Despois dunha pequena aganchada, alcanzamos a Torre de los Horcados Rojos (2.506 m.) dende a que se goza dunha espléndida vista de toda a Rosa dos Ventos.
Podemos, tamén, subir ao Pico Tesorero (2.570 m.) dende o Collado de los Horcados Rojos, que é unha das clásicas dentro de Picos de Europa. É un vértice xeodésico, división de tres comunidades autónomas, Asturias, Cantabria e Castela – León. A súa airosa cimeira sitúase no centro do Macizo Central dende a cal gozaremos dunha completa panorámica dos tres macizos.
O Collado de los Horcados Rojos é un dos pasos máis altos e transitados do macizo por ser unha das entradas cara ao Pico Urriellu, é posible que teñamos que pasar algún neveiro xa que perduran ate ben entrado o verán.