02 07 6/7 CANAL DE LA PIEDRA BELLIDA – TORRECERREDO (Valdeón) León (Cabrales) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

 

SITUACIÓN: Parque Nacional de Los Picos de Europa (Macizo Central)

ACCESO: Pola estrada que sube dende Cangas de Onís ao porto do Pontón, logo aquí collemos á esquerda polo porto de Panderruedas a Posada de Valdeón e Caín.

HORARIO: Entre 14 e 15 horas              DISTANCIA:  20 km              

TIPO DE ROTA: Circular                        DESNIVEL: 2.400 m de subida e outros tantos de baixada.  

DIFICULTADE: Alta                              MAPAS: I.G.N. – 55 – IV – 56 – III

 

DESCRICIÓN DA ROTA: 1ª parte. Tomamos a Senda do Cares e seguímola ata Puente Bolín. Un pouco antes de acadar a ponte, á altura dos restos da antiga Ponte de Trea, trepamos pola dereita unha curta e fácil pasaxe entre rochas que dominan o camiño para coller un carreiro que sobe rapidamente cara a Canal de Recidroño. O carreiro da unha volta antes de chegar e entrar na canle (preto a Fuente Prieta) e cambia de rumbo cara ao sur para bordear un esporón rochoso.

    O camiño tallado na rocha facilítanos o paso (La Tranvía). Agora entramos nunha ancha canle con algunhas faias na súa parte alta. O carreiro vai zigzagueando ata encaixarse nunha estreita canle secundaria á dereita. O camiño aquí é aéreo é espectacular, tallado na mesma rocha, pero de seguida saímos a unha amplitude da Cuesta Duja¸ tras superar un pequeno cimbro.

    El Pardo. O sendeiro, moi pouco marcado, cruza horizontalmente a parte inferior da Cuesta Duja e chega sen dificultade a un primeiro cimbro a modo de terraza con unha grande pedra plana (Colladín del Descanso). Proseguimos atravesando sen perder altitude cara a outro cimbro próximo (Collada del Cuebre) a cal marca a entrada na Canal de Ría. Baixamos algúns metros por esta fonda canle e pasamos a vertente oposta para dirixirnos a entrada dunha escondida canle que sube en forte pendente ata un cimbro que case non se ve, o Horcado del Turonero (a mellor referencia e un torrexón marelo que se levanta no medio da canle a poucos metros do cimbro).

    Subimos a todo o largo da canle, evitando á esquerda un resalte que parece cortarnos o paso á altura do mencionado torrexón. Aquí e difícil de orientarse, xa que non queda rastro do antigo camiño.

    Horcado del Turonero. Unha vez superado este escondido paso vemos as cabanas de La Quintana e Pando Culiembro ao outro lado do mesmo. Baixamos uns cantos metros para xirar á dereita e así entrar na Canal de la Piedra Bellida, angosta e de forte pendente. Un pouco máis enriba, nun punto onde a canle e máis estreita, esta ramifícase. Collemos o ramal da esquerda o cal se vai abrindo ata converterse nunha ancha rampla.

    Collado de Cerredo. Atravesamos cara a este por enriba do Monte Llué e sen necesidade de chegar ata a Majada de Amuesa, vamos subindo en diagonal atravesando a ampla Cuesta del Trave, rodeando os picos do mesmo nome.

    Xa no alto desta ladeira, coroamos os contrafortes que baixan dos Traves, entonces baixamos algúns metros atravesando llambrias de forte pendente para entrar nunha caótica zona de funiles e vales pequenos (Jou Lluengo). O camiño aquí está sinalado con fitos e pintura vermella dende Amuesa o cal e conveñente non perder para non ter que facer uso das mans máis do necesario. O camiño vai moi alto, mesmo debaixo dos Cuetos del Trave e sérvenos de referencia a boca dunha cova de forma cadrada que se ve nos murallóns orientais, cara a cal debemos ir seguindo o fondo dun pequeno val. Logo o trazado e case horizontal, salvando unha curta subida na que temos que agatuñar para acadar unha pequena brecha. Temos unha corda fixa para facilitarnos o paso.

    Despois de perder uns metros na vertente oposta, atravesamos por aéreas cornixas (outra corda no paso máis delicado) e acadamos un cimbro tras o cal atópase xa o Jou de Los Cabrones.

    Refuxio de J.R. Lueje. Neste paraxe do máis agreste de Picos, temos un refuxio onde podemos solicitar algo de bebida e comida á parte de unha fonte de augas tremendamente frías. 

DESCRICIÓN DA ROTA: 2ª parte. Refuxio de J.R. Lueje. Comezamos recorrendo a dobre depresión de Jou de Los Cabrones e saímos ao remate por unha canle que se abre á nosa esquerda (E). Chegamos así a un cimbro entre dous furados, máis non baixamos se non que seguimos pola dereita a outro cimbro un pouco máis alto detrás do cal ocúltase o Jou Negro. Proseguimos polo alto do ancho lombo pedregoso que ven da Torre de Labrouche  rodeando esta torre pola esquerda (E).

    Así entramos sen perder altura no Jou de Cerredo a unha altitude media entre o fondo e o cume de Torrecerredo. Remontamos a accidentada ladeira este do jou, composta por llambrias e llastralezas.

    Ascensión a Torrecerredo. É a montaña raíña da Cordilleira Cantábrica (2.648 m) que nos permite as mellores panorámicas e sen dúbida un dos cumes máis visitados de Picos de Europa.

    Unha vez situados fronte a parede SE da montaña, subimos buscando o mellor itinerario a través dun terreo bastante caótico de llastrales e pedreiros. Á dereita da vertical do cume ábrese unha canle que está normalmente ocupada por un neveiro. Aganchamos por esta canle durante uns poucos metros e ao chegar a un gran bloque que nos zarra o paso, debemos subir uns poucos metros pola dereita para así evitalo e logo sobre del atravesar para entrar de novo na canle. Esta desaparece de seguida, entón temos que pasar á esquerda para subir por unha sucesión de estreitas viras sucalcadas que en diagonal nos levan á unha pequena brecha. Atravesamos esta brecha e tomamos unha pequena canle que de seguida nos conduce a crista cimeira.

    Baixamos polo mesmo camiño e continuamos a travesía das ladeiras orientais de Jou de Cerredo para chegar sen perder moita altura a Horcada de Don Carlos, a cal se abre no extremo sur da depresión. Para acadar este cimbro pode ser necesario usar ambas mans nalgúns tramos.

    Atravesamos a Horcada de Don Carlos e baixamos polo pedreiro da vertente oposta (S) con tendencia á dereita para gañar a veciña Horcada de Caín. Descendemos ata o Hoyo Grande seguindo o camiño que atravesa diagonalmente os pedreiros que caen de Tiro del Oso. Unha vez no fondo do Hoyo Grande, atravesámolo en toda a súa lonxitude ata saír del polo seu extremo noroeste.

    Gargantada del Hoyo Grande. A partir de aquí comeza o largo descenso pola Canal de Dobresengros (a máis longa de Picos). O trazo é máis ou menos directo ao comezo, evitando á dereita é esquerda os resaltes máis importantes. A media canle, esta córtase, entón é preciso desviarse á esquerda (O)  para ir buscando saída por unha estreita canle lateral (El Canalón). Baixamos por este incómodo pero curto canalón que nos conduce a unha pequena pradeira cerrada nun pequeno circo. Dende aquí xa solo queda seguir un sendeiro que sen perda condúcenos ata Caín, atravesando os flancos setentrionais da parte inferior do val e pasando polo Sedo Mabro para chegar a Caín.