02 10 12 PROAZA – SERANDI – CANAL SECA – LAS XANAS (Santo Adriano e Quirós) Asturias

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

SITUACIÓN: Proaza e Quirós (Asturias)

ACCESO: Na estrada N-634 á altura de Trubia, collemos a AS-228 que  vai ao Porto de Ventana e no quilómetro 17 en Proaza empeza esta travesía.

HORARIO: De 3 a 4 h         DISTANCIA: 11 km         TIPO DE ROTA: Circular              

DESNIVEL: 720 m.             DIFICULTADE: Media      MAPA: I.G.N. – 52 – II

 

DESCRICIÓN DA ROTA: O percorrido comeza na área de descanso de Buyera, desde a que se accede á Senda do Oso, para recorrer por ela uns cantos metros en dirección a Proaza, ata atopar o cercado das osas xunto a canle do río Mesa ou Picarós.

    Neste punto arranca un cómodo camiño que discorre pola marxe dereita de dito río; inicialmente, pola pequena foz aberta entre Cantu L`Arbeyal e Xerra Alcéu, para, a continuación, atravesar unha zona mais aberta cuberta por praderías e castiñeiros.

    Así se chega sen dificultades a Serandi. Tras atravesar esta aldea, retomamos o itinerario achegándonos por un camiño á mesma marxe do río ata dar cos muíños de Builliello, un dos cales aínda funciona. Seguidamente, o camiño cruza o río por unha ponte e comeza a empinarse de forma notoria; deixando á dereita un ramal que permite o acceso a aldea de San Martín, afrontamos a dura e esvaradía subida cuberta por unha frondosa vexetación que nos conduce as proximidades dos riscos do Pico Castrillón, a cuxa esquerda o Mesa ou Picarós precipítase nunha espectacular fervenza encaixada entre as paredes do propio Castrillón e o Airúas.

    Tras bordear o Castrillón, aparece ante a vista a braña de San Antonio, paraxe formado por praderías cercadas con muros de pedra e cabanas rodeadas de freixos.

    O camiño prosegue en dirección N-NE, cruza novamente o regato Mesa  comezando a ascender por unha pendente bastante regular. Tras pasar xunto as cabanas de Los Telleros, onde temos unha fonte, chegamos á Collada, campeira onde os pastos comunais comparten terreo con os prados cercados; así mesmo, constitúe un dos fitos polos que discorre a divisoria entre os concellos de Proaza e Quirós. Dende aquí se fai bo tempo podemos ver a cidade de Oviedo e o monte Naranco.

    Enlazamos agora con a rota de As Xanas, polo que é necesario baixar en dirección norte cara a Rebollada. Nesta aldea tomamos unha cómoda pista asfaltada que nos leva xunto a igrexa de Pedroveya.

    Neste punto, que está  indicado, colleremos á esquerda  para comezar a ruta das Xanas, fermoso desfiladeiro aínda que de pequeno percorrido.

    O carreiro comeza cunha baixada bastante pronunciada polo medio dunha frondosa arborada, pasamos por unhas escaleiras feitas de travesas de ferrocarril ata o regato que  mais abaixo forma o desfiladeiro das Xanas. Pasamos ao lado de dous muíños abandonados, o regato fai pequenas fervenzas afondando no desfiladeiro de pedra calía cada vez mais alto.

    O camiño avanza sempre cara abaixo, tallado na rocha viva a unha altura considerable sobre o río, a profundidade do desfiladeiro dende o alto das rocha ate o río pode alcanzar en algures preto de mil metros. Non tardaremos en divisar o val de Proaza que temos de fronte, logo de outras reviravoltas e varios túneles chegamos ao remate da nosa travesía.