03 08 09 TORRE DEL LLAMBRIÓN (Valdeón) León
VER PUNTO DE SAÍDA | VER MAPA DA RUTA | VER GALERÍA DE FOTOS | PDF EN CASTELAN |
Cordiñanes – Collado Jermoso – Torre del Llambrión
SITUACIÓN: Macizo Central de Picos de Europa (Urrieles)
ACCESO: En Cangas de Onís, collemos a estrada que sube ao porto de El Pontón, logo de pasar este collemos á esquerda e pasamos o porto de Panderruedas pola estrada que nos leva a Posada de Valdeón. Catro quilómetros mais adiante atópase Cordiñanes.
1ª PARTE: Cordiñanes (860 m.) – Refuxio de Collado Jermoso (2.050)
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 1.190 m DIFICULDADE: Alta
DESCRICIÓN DA ROTA: Atravésamos a aldea de Cordiñanes (860 m) directamente segundo se chega pola estrada para coller o sendeiro que sae a dereita polas últimas casas e nos leva a Rienda de Asotín.
O camiño sobe en dirección a unha barreira de paredes verticais formada pola longa cristeiría que baixa dende as Mojosas. Ao chegar á base da parede, o camiño atravesa, tallado na mesma rocha, para chegar a unha pequena brecha a esquerda. Desta maneira entramos a media altura na Canal de Asotín, a cal baixa por detrás de dita cristeiría.
Subimos polo fondo da canle atravesando diagonalmente con tendencia á esquerda, un pintoresco bosque de faias e así acadamos os chans da Vega de Asotín (1.270 m). Sen chegar a atravesar a veiga, remontamos a primeira canle que baixa pola esquerda Canal Honda (E), para, unha vez no alto da canle, ir cara á dereita e atravesar as franxas herbosas (Traviesas del Congosto) que se sitúan debaixo dos contrafortes rochosos de Torre Jermosa, cume tras o cal atópase Collado Jermoso. Algúns fitos sinalan o camiño neste comprometido tramo.
Chegamos así a parte alta de Argayo Congosto (canle que sube directamente dende a Vega de Asotín), evitando as dificultades que esta presenta na súa primeira metade. Unha boa referencia e a Aguja Señora del Tío Toribio, un risco característico que se atopa ao lado oposto do Argayo Congosto.
Subimos todo ao largo da canle ata unha fonte, dende onde intuímos xa o refuxio situado a 2.050 m. un pouco mais arriba a esquerda.
2ª PARTE: Refuxio Collado Jermoso (2.050m.) – Torre del Llambrión (2.642 m.) por Tiro Callejo
HORARIO: 3 h. (a subida) DESNIVEL: 592 m. DIFICULTADE: Alta
DESCRICIÓN DA ROTA: Saímos do refuxio xa encarándonos coa subida continua que nos agarda. Nos primeiros pasos iremos seguindo os fitos que sinalan o camiño cara ao Hoyo del Llambrión.
Dende aquí temos dúas alternativas: a primeira e seguir por Tiro Callejo polo que debemos tomar as debidas precaucións pola posible caída de pedras. Dende o neveiro da base e por unha cheminea, á esquerda, subimos por esta impoñente muralla ata situarnos no cimbro de Tiro Callejo.
A segunda alternativa consiste en rodear por detrás a Torre de las Llastrias, ao norte de Tiro Callejo, onde as dificultades concéntranse nos 7 ou 8 metros que temos que trepar para alcanzar unha estreita brecha situada entre a Torre de las Llastrias e a Torre de la Palanca.
Dende o neveiro da cara norte, preto de Tiro Callejo, ganamos a crista da montaña mediante unha curta trepada por grandes penedos e seguimos pola crista cimeira ata o cume (2.642 m) pasos de II e III).