03 02 16 ROTA DO LOR (Folgoso do Caurel) Lugo

VER PUNTO DE SAÍDA VER MAPA DA RUTA VER GALERÍA DE FOTOS PDF EN CASTELAN

 

De Folgoso a Froxán

SITUACIÓN: O Courel

ACCESO: A Folgoso do Courel chégase dende a estrada A-6 a altura de Pedrafita collendo á que vai ao Cebreiro e Sarria. Desta estrada desviámonos cara á Seoane e Folgoso do Courel.  

HORARIO: De 4 a 5 horas                                    DISTANCIA: 15 Km.             TIPO DE ROTA: Travesía 

DESNIVEL: Sinxelas subidas e baixadas                 DIFICULTADE: Baixa

SINOPSE: O percorrido que hoxe nos ocupa ofrece unhas panorámicas formidables do río Lor e as aldeas veciñas.

    Varias veces achegarémonos a mesma canle do río para logo gañar altura e así obter fantásticas panorámicas do Lor e o seu entorno. É fermoso mirar nesta época do ano as florecentes cerdeiras, a cor violeta das carqueixas, as mimosas e as primeiras follas das árbores de ribeira.

    En canto a fauna, o animal que máis predomina e o xabarín, dando boa mostra os innumerables rastros que atoparemos, poderemos con sorte mirar algún Martiño Peixeiro, a parte se quenta o sol, largatos arnais.

 

DESCRICIÓN DA ROTAO comezo desta rota atópase en Folgoso do Courel, dende o cal baixaremos por un ancho camiño cara ao río Lor atopándonos de seguida con unha ponte de madeira a cal temos que cruzar. Agora camiñamos pola beira dereita do río e a primeira aldea que aparece chámase Touzón. Paseniño vamos camiñando seguindo a corrente da auga para un pouco máis tarde pasar por Pendella que se cruza de contado.

    Despois de deixar estas aldeas por un camiño moi fácil de andar, chegamos a Valdomir,  na estrada asfaltada que vai de Folgoso a Pobra de Brollón xunto a unha ponte. Cruzámo-la ponte cara a esquerda e nada máis pasala collemos a dereita por diante dun bar. Agora comeza unha forte subida por uns prados, debaixo de castiñeiros que nos leva á aldea de A Campa a cal teremos que cruzar polo mesmo medio facendo varias revoltas pero non hai problema pois a rota está ben sinalada.

    Deixamos as derradeiras casas de A Campa para internarnos subindo suavemente por un monte con castiñeiros, carqueixas e tamén toxos. O sendeiro de fácil andar, sobe ata unha ancha pista a cal colleremos cara á dereita para seguir por ela un bo tramo. Remata esta ancha pista e temos un indicador que nos dirixe a un sendeiro, moito máis agradable, con pasos nos que deberemos fixarnos pois están moitos metros por riba do río, cruzando varios regatos cara a aldea de Vilar.

    Vilar, ben merece un alto para darnos unha volta pola aldea onde temos un taller artesán e un pequeno museo etnográfico. Tamén e un lugar ideal para dar conta da xanta no souto en que está situada esta aldea.

    Na saída de Vilar debemos prestar atención, despois de cruzar polo mesmo medio da aldea, pasamos o souto e dirixímonos por un camiño entre paredes e prados cara ao castro. Chegamos a  unha bifurcación: de fronte o camiño vai ao castro e a aldea de Vilamor. Podemos visitar o castro pero a nosa rota na anterior bifurcación, colle a esquerda para de seguida pasar por outro souto de castiñeiros e xa todo en baixada, facendo varios zigzags achegarnos a mesma canle do río e a través de unha ponte de madeira, cruzamos e con suave pendente vamos achegándonos a Froxán.

    Froxán, xunto con Seceda e a aldea que se escolleu para escaparate do Courel. Está moi arranxada con calellos de pedra de indubidable encanto. Ben merece a pena unha visita con deteñemento a esta fermosa aldea.

    Máis a rota non remata de momento. Para os máis marchosos, o camiño segue cruzando Froxán polo pico da aldea e baixando cara ao río para seguir pola beira da canle outros dous quilómetros máis. Aquí temos, para o meu gusto, a parte máis fermosa do percorrido. Árbores de ribeira, castiñeiros e corcheiros forman un conxunto forestal que deleita a vista dos máis esixentes.

    Logo de chegar a un souto con cabanas en ruínas, dámo-la volta ata Froxán onde nos espera o autocar.

    No mesmo pico da aldea, xunto a estrada, temos unha fonte con lavadoiro na que  podemos aproveitar para asearnos un pouco antes de volver a casa.